Modificar a potencia contratada

Para modificar a potencia contratada e/ou a tarifa de acceso dunha contratación de luz, é preciso facelo a través da  Oficina Virtual e seguir os pasos que se explican ao final deste mesmo artigo.

No intre de solicitar mudar a potencia é importante ter en conta o seguinte:

Ao pedir mudar a potencia e/ou tarifa, as  distribuidoras de electricidade teñen a obriga de facer o cambio solicitado. Pero si en menos dun ano tornamos a solicitar outro cambio poderían rexeitalo e teríase que agardar o tempo indicado para facer a modificación.

Unha vez envidada a solicitude, o cambio farase efectivo nun periodo de entre dúas e tres semanas, momento no que che mandaremos un correo electrónico informando que a modificación se efectuou correctamente.

Reducir a potencia:

Baixar a potencia ten un custo de 10,94 €, que cobrará a empresa distribuidora a través da nosa factura.

Aumentar a potencia:

O cambio de potencia ten un custo de 10,94 €. E neste caso, amais, deberase pagar 44,86 € por cada kW de aumento, que cobrará a túa empresa distribuidora a través da nosa factura. Algunhas distribuidoras tamén cobran a parte proporcional ao depósito de garantía (fianza que se paga no momento de dar de alta un punto de subministración).

No caso de aumentar a potencia contratada a compañía de distribución eléctrica pode pedir o  boletín de recoñecemento de instalacións de baixa tensión se este xa está caducado (aos 20 anos) ou se o boletín vixente sinala unha potencia máxima inferior á nova solicitada.
Se na túa instalación hai presente un ICP (Interruptor de Control da Potencia), é moi probábel que sexa preciso a súa substitución ou retirada para dispoñer do total da nova potencia contratada. 

En el momento de cambiar la potencia puedes también cambiar la tarifa de acceso. Si no tienes claro cuál es la potencia y/o tarifa que necesitas, te recomendamos los siguientes artículos:

No momento de mudar a potencia podes tamén mudar de a tarifa de acceso. Se non tes claro cal é a potencia e/ou tarifa que precisas, recomendámosche os seguintes artigos:

Pasos para solicitar un cambio de potencia e/ou tarifa:

Para modificar a potencia e/ou tarifa de algunha das túas contratacións de luz é preciso facelo dende a  Oficina Virtual seguindo estes pasos:

Se inda non tes activa a túa Oficina Virtual podes facelo axiña e de xeito doado seguindo os pasos que se indican no seguinte vínculo:  Acceder por primeira vez á Oficina Virtual.

Still need help? Contactar Contactar