O boletín eléctrico

O boletín eléctrico é un documento que certifica que a instalación se atopa en bo estado e cumpre a normativa vixente en materia de seguridade.

Segundo a comunidade autónoma este documento pode chamarse de diferentes maneiras (Documento de Revisión Periódica, Boletín Azul, Boletín de Instalación eléctrica, etc).

Este documento debe emitilo un electricista homologado e recolle as características da instalación como, por exemplo, a potencia máxima instalada, a que podería admitir, etc.

No caso de vivendas, en xeral, teñen unha vixencia de 20 anos ou até que se realiza algunha modificación na instalación (nese caso irá acompañada dun novo boletín eléctrico).

O prezo deste boletín pode variar segundo o profesional, sempre é recomendável pedir diferentes presupostos. Como referencia, adoita estar entre 100-200€; excepto se se detectan anomalías que precisen dunha actuación máis importante.

Hai que ter en conta que realizar unha revisión cada 20 anos da túa instalación eléctrica, se cadra non é mala idea. Terás a seguridade de que a instalación da túa casa funciona correctamente e no caso que se detecte algún problema  poderalo corrixir antes de que cause un prexuízo maior.

Still need help? Contactar Contactar