O ICP e o cadro de interruptores

O Cadro de Mando e Protección (CMP), coñecido como cadro de interruptores, é un conxunto de elementos para protexer a instalación eléctrica e aos  seus usuarios/as. Normalmente está situado detrás da porta principal das vivendas.

Os elementos máis básicos que hai son:

Interruptor de Control de Potencia (ICP), serve para limitar o uso da potencia que temos contratada. Se nalgún momento sobrepasamos a potencia que temos contratada, saltarán os fusíbeis.

Tamén serve para evitar danos ás instalacións eléctricas no caso de sobrecargas.

Os novos contadores dixitais de telexestión levan o ICP incorporado. É posíbel que xa dispoñas deste contador mais que o ICP non estea limitado á potencia que tes contratada (diso encárgase a distribuidora).

O Interruptor Diferencial (ID), serve para evitar fuxidas de intensidade. Se se producen, este interruptor saltará. A súa principal misión é evitar que haxa electrocucións, sendo un elemento basicamente de seguridade.

Os Pequenos Interruptores Automáticos (PIAs), teñen a función de controlar as sobrecargas dos circuítos nos que está dividida a instalación eléctrica. Desta maneira só saltan os fusíbeis do circuíto onde aconteceu a sobrecarga, e segue habendo luz no resto da casa (e pódese saber onde aconteceu a sobrecarga).

Still need help? Contactar Contactar