Modificacións de contrato

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se tes o contrato activado con Som Energia e queres modificalo, tes que pedilo a través da Oficina Virtual (sección Contratos). Nas ligazóns de aquí debaixo explicamos algúns detalles relacionados.

Se aínda non tes o contrato con Som Energia, debes saber que durante o proceso de contratación existe a opción de realizar un cambio de titularidade. O resto de modificacións, se queres facer algunha, poderás levalas a cabo cando o teu contrato xa estea activo coa cooperativa.

Debes ter en conta que algunhas modificacións de contrato non se poden tramitar. Ou sexa:

  • Se estás a tramitar un cambio de tarifa (de períodos a indexada ou ao revés), non podes iniciar unha modificación contractual (de potencia, de tensión, de modalidade de autoprodución…), terás que agardar a que se faga efectivo o cambio de tarifa (se todo vai como está previsto, a partir do día despois da factura seguinte), para poder pedir calquera outro cambio.
  • Se estás a tramitar unha modificación contractual (de potencia, de tensión, de modalidade de autoprodución…) e decides cambiar a tarifa (de períodos a indexada ou á inversa), terás que agardar a que se faga efectiva a modificación contractual (aproximadamente, entre unha e tres semanas, segundo o trámite), antes de facer a petición de cambio de tarifa.
Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar