Como facer un cambio de titular do contrato?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se un contrato xa está activo coa cooperativa e precisas cambiar a titularidade, deberás completar o seguinte formulario cambio de titularidade da Oficina Virtual da cooperativa.

O formulario pode cubrilo tanto a nova persoa titular como a antiga.

Antes de completalo, recomendámosche que teñas en conta a información que se detalla a continuación.

Cando se require un cambio de titular?

  • Se es a persoa titular dun contrato con Som Energia e marchas do punto de subministración.
  • Se entraches a vivir nun punto de subministración que ten a luz contratada con Som Energia.
  • Se se trata dunha defunción da persoa titular dun contrato activo con Som Energia.
  • Ou no caso dunha fusión entre empresas, e o contrato pasa á nova compañía.

Se o contrato aínda non está coa cooperativa e o que queres facer é un cambio de titular e ao tempo contratar a luz connosco, debes cubrir o formulario Contrata a luz.

Que información precisas para levar a cabo o cambio de titularidade?

  • Os datos de identificación do contrato con Som Energia (N.º contrato, CUPS…) que aparecen na factura.
  • Os datos completos da nova persoa titular.
  • Se o contrato queda vinculado a unha persoa ou entidade socia distinta da persoa titular, o número de socia de Som Energia e o NIF.

Información xenérica

O cambio de titular é gratuíto (€ 0), agás cando a empresa distribuidora requira unha acción de campo. Estas accións de campo non son moi comúns e xeralmente só as realizan pequenas empresas de distribución para verificar que a instalación estea en boas condicións. Teñen un custo legal regulado de 10,94 euros (IVE incluído), que será cobrado pola distribuidora través da nosa factura.

Cando estea cuberto o formulario, recibirás un correo de confirmación. Se todo é correcto, desde este momento o cambio de titular pode tardar un máximo de cinco días hábiles.

Se fas un cambio de titularidade, mantéñense os Sols nun contrato con autoconsumo con compensación de excedentes e Flux Solar?

De forma xeral, se se produce un cambio de titularidade nun punto de subministración con autoconsumo na modalidade de compensación de excedentes, os Sols acumulados no Flux Solar non se manteñen, é dicir, pérdense.

Unicamente se manteñen os Sols acumulados cando o cambio de titularidade se produza por falecemento da persoa titular ou por unha fusión de empresas. Nestes casos, tamén se transfire á nova titularidade o depósito de garantía achegado á distribuidora no momento de realizar a alta da subministración, así como as posíbeis débedas que houber.

Se te encontras nalgún destes casos, deberás indicalo de forma expresa no formulario de cambio de titularidade.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.