Quen fai a lectura do contador?

A empresa distribuidora é a propietaria da rede que chega até a túa casa e, normalmente, tamén do contador. A distribuidora é quen realiza a lectura do contador e quen envía esta lectura á comercializadora (Som Energia).

A comercializadora fai a facturación, os trámites e a xestión do consumo e das características contractuais (mudar a potencia, tarifa...). Podes mudar de comercializadora (a Som Energia, por exemplo), pero a distribuidora segue sendo a mesma, sen posibilidade de cambio.

A distribuidora fai unha lectura real cada mes ou cada dous meses. Se a persoa encargada de facer a lectura non pode acceder ao teu contador, hai diferentes opcións:

  • Nos bloques de pisos poñen un papel para que cada veciño ou veciña poida apuntar a lectura.
  • Ás veces deixan unha tarxeta na caixa do correo para apuntar a lectura e enviala por correo postal (gratuitamente).
  • Tamén se pode chamar á distribuidora e dala por teléfono ou vía web. 

De tódolos xeitos en Som Energia, a través da Oficina Virtual, temos a opción de consultar tódalas lecturas do contador así como informar da lectura do contador directamente á cooperativa e así telas en conta no momento de facer as facturas: Facilitar a lectura do contador a Som Energia

No caso que non haxa ningunha lectura real dispoñíbel danse dúas situacións:

  • Lectura estimada Distribuidora: A compañía distribuidora calcula, segundo a súa metodoloxía, unha lectura estimada. A miúdo as lecturas non son correctas e poden acabar xerando problemas na facturación sobre todo no caso de que se acumulen varias lecturas estimadas seguidas.
  • Lectura calculada Som Energia: En Som Energia establecemos un sistema para calcular unha lectura de facturación. Procuramos ter suficientes datos para que o resultado sexa aproximado á realidade. Para máis detalles consulta o seguinte artigo: Sistema de estimación de uso da electricidade en Som Energia.

Still need help? Contactar Contactar