Facilitar a lectura do contador a Som Energia

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Na Oficina Virtual existe a opción de rexistrar unha lectura do contador. Esta opción está pensada para aqueles contratos dos que non estamos a recibir lecturas reais con regularidade. Aqueles contratos que teñen contadores que están a funcionar correctamente e a transmitir lecturas reais con regularidade teñen esta opción deshabilitada para evitar posíbeis erros na facturación.

Igualmente, sempre nos podes informar dunha lectura ou de calquera incidencia na facturación a través do correo electrónico ao enderezo factura@somenergia.coop. Nese caso revisaremos a situación persoalmente e porémonos en contacto contigo.

Para facilitar a lectura do teu contador directamente a Som Energia, entra na Oficina Virtual.

Esta lectura serviranos para facer unha estimación mensual do teu consumo cando a distribuidora non nos comunicara a lectura, e utilizarémola para facturar (e informaremos á distribuidora), a excepción dos casos nos que a lectura non sexa coherente coas últimas lecturas reais facilitadas pola distribuidora.

Pasos a seguir na Oficina Virtual:

1. Vai ao despregábel da sección « contratos» ou do menú lateral e entra en «ver e introducir a miña lectura»:

2. Inicia a túa sesión (introducir o NIF/CIF e o contrasinal) e selecciona o contrato (no caso de que haxa máis dun) do que queiras rexistrar unha nova lectura de contador.

3. Na pantalla aparecen as últimas lecturas do contador que temos. Debaixo, podes anotar a data e a lectura do contador (sen decimais nin ceros diante). Finalmente, pincha o botón «enviar autolectura».

Ademais, tamén che recomendamos facilitar a lectura do teu contador directamente á distribuidora da túa zona a través do seu portal web.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar