Periodicidade das facturas

O sistema de facturación para tódolos contratos en Som Energia é mensual

Tal e como se aprobou na Asemblea Xeral de xuño do 2014, a finais deste mesmo ano mudou a periodicidade de bimestral a mensual para todos os clientes da cooperativa. 

Os motivos deste cambio de facturación baséanse principalmente en:

  • Achegar a periodicidade de facturación que Som Energia fai aos socios/as e clientes, á periodicidade coa que a cooperativa debe pagar aos fornecedores.
  • Ser máis autónomos e mellorar o servizo que ofrecemos á hora de facturar o uso da electricidade aos nosos socios/as e clientes. Pasar a facturación mensual obríganos a incorporar unha alternativa á lectura do contador que deberían enviarnos as empresas distribuidoras de electricidade. A experiencia ensinounos que esta lectura nalgúns casos é deficiente e orixe de discrepancias e problemas. 

Para poder realizar a facturación mensualmente, dotámosnos dunha ferramenta para calcular o uso da electricidade cando non recibimos lecturas tódolos meses, por parte da empresa distribuidora. Podedes consultar como facemos este calculo no seguinte  artigo.

Still need help? Contactar Contactar