Unha empresa pode contratar a luz con Som Energia?

Unha empresa, como persoa xurídica, pode  facerse socia de Som Energia e acceder a tódolos servizos da cooperativa do mesmo xeito que calquera outro socio ou socia particular.

Do mesmo xeito, unha empresa que non sexa socia, pode contratar a luz a través dunha persoa socia da cooperativa como explica o artigo que atoparás nesta  ligazón .

Tarifa 3.0A:

Con respecto á  contratación da luz, hai que ter en conta que decotío, pequenas e medianas empresas teñen contratada a tarifa 3.0A. Tarifa para puntos de subministración de máis de 15 kW:

Se este é o voso caso, en Som Energia ofrecemos de balde a realización dun estudo de identificación da potencia óptima a contratar, baseado nos datos dos últimos 12 meses. O resultado deste estudo é unha moi boa referencia para decidir que potencias contratar en diante, máis axustadas ás necesidades reais e con, a miúdo, un importante aforro enerxético e económico.

Para poder realizar este estudo só debes encher o formulario que atoparás no seguinte vínculo:  Estudos de optimización de potencia na tarifa 3.0A.

Still need help? Contactar Contactar