Contratar a luz con Som Energia

Facerse socio/a

Se che interesa mudar de compañía eléctrica  a Som Energia, primeiro debes ser socio/a e logo contratar a luz. O único trámite a realizar para facerse socio/a, é encher o formulario da páxina web,  Faite socio/a.

Para ser socio/a tes que facer unha achega ao capital social de 100 €, que se devolven no caso de que calquera día queiras deixar de selo. Este pago faise a través do mesmo formulario de facerse socio/a.

Se coñeces algún socio/a de Som Energia tamén podes contratar a luz a través do seu número de socio/a xa que unha persoa socia pode ter vinculados até 5 contratos a nome doutros titulares/ pagadores como detallamos máis adiante.

Para máis información sobre todo o que supón ser socio/a da cooperativa consulta o seguinte vínculo:  Ser socio/a de Som Energia.


Contratar a luz

Unha vez que xa es socio/a tes dereito a tódolos contratos de luz que queiras ao teu nome (como titular ou pagador) e até 5 contratos a nome doutras persoas.

Para engadir un contrato de luz ao teu nome só debes encher o formulario  Contrata a luz. Para iso precisarás unha factura recente do punto de subministración e os teus datos bancarios.

Podes consultar os nosos prezos no  apartado de tarifas da nosa web.

Ofrecemos servizo a todo o estado español agás Ceuta e Melilla. 

Se queres que un amigo ou familiar contrate a luz con Som Energia a través de ti, consulta este vínculo:  Convidar a persoas non socias a contratar a luz con Som Energia.

Se actualmente non hai luz no punto de subministración que desexas pasar a Som Energia consulta estoutro enlace:  Como solicitar un novo punto de subministración.

Tempo en facerse efectivo o cambio de compañía

O proceso até ter o contrato activado con Som Energia pode tardar entre dous e oito semanas.

Logo de encher o formulario, a nosa tramitación comeza coa notificación á compañía de distribución eléctrica. Unha vez a distribuidora nos comuníca que os datos da solicitude son correctos e dá o seu visto bo, considérase que o cambio de compañía está aceptado (avisaremos por correo electrónico).

O cambio faise do todo efectivo cando se realiza unha nova lectura do teu contador. Será o momento en que recibirás un correo electrónico indicándoche que o contrato xa está activo con Som Energia e que a partir de entón, xa tes a luz contratada connosco.


Non é posíbel ficar sen luz no proceso de cambio

De ningún xeito quedarás sen subministración eléctrica na túa casa debido ao cambio de compañía e tampouco é necesario facer ningunha modificación na túa instalación eléctrica

Isto é así porque, neste proceso, non cambias de empresa de distribución eléctrica. A empresa propietaria da rede e responsábel de garantir que nos chegue electricidade a casa. Cando fas o cambio cara Som Energia, fas un cambio de comercializadora, quen se encarga de xestionarnos a compra e venda de electricidade que empregamos en casa. Polo tanto, a subministración está totalmente garantida como é habitual.


Mudar de potencia ou tarifa durante o proceso de cambio Som Energia

Non é posíbel mudarse a Som Energia e tamén mudar a potencia e/ou a tarifa ao mesmo tempo. Neste caso existen dúas opcións:

  • Facer a modificación de potencia ou tarifa coa túa actual compañía e unha vez realizada, mudarse a Som Energia.
  • Primeiro solicitar o cambio de comercializadora e cando teñas o contrato activado con Som Energia (tarda entre 2-8 semanas), indicanos a modificación que queres realizar e tramitarémola. Para tramitar unha modificación de potencia ou de tarifa dun contrato activo con Som Energia consulta este vínculo: Modificacions de contrato.

Se fas a modificación contractual antes de mudarte a Som Energia ten en conta que ás veces hai compañías que mudan as condicións de contrato e engaden permanencias.


Non hai ningún período de permanencia

En Som Energia non hai ningún tipo de permanencia. No intre que queiras, podes mudar de compañía comercializadora sen penalización algunha.

Do mesmo xeito Som Energía non ofrecemos ofertas especiais, nen cláusulas adicionais, nen letra pequena ...

Som Energia somos unha cooperativa de consumo de electricidade 100% renovábel sen ánimo de lucro e un dos nosos principios é ofrecer o prezo máis axustado posíbel para tódalas persoas socias e clientes.

A transparencia, o bo trato, uns prezos axustados, o traballo por unha mudanza de modelo enerxético, son algúns dos valores de Som Energia e o motivo polo que tanta xente se suma ao proxecto e continúa connosco sen ningunha cláusula de permanencia.

Still need help? Contactar Contactar