Asesoramento para comunidades de veciños/as

Som Energia ofrece de balde a tódalas comunidades de veciños/as un asesoramento para determinar cales son as mellores condicións de contratación de tarifa e potencia en cada caso.

Un dos puntos clave da análise é saber se hai elementos que non se poidan interromper (ascensor e extractores de fumes dos garaxes). Por este motivo, se estes dispoñen dalgún elemento que non se poida interromper, é preciso que coñezas cal é a súa potencia. Este dato pódese topar doadamente, para iso recomendámosche que o preguntes no administrador das vivendas ou que procures a ficha técnica do ascensor.

Para solicitar o asesoramento para un punto de subministración concreto é preciso encher o seguinte formulario e en poucos días chegaranche as conclusións da análise por correo electrónico:

Se non o visualizas correctamente:  vínculo ao formulario

Still need help? Contactar Contactar