Puntos de subministración con ascensor

Os puntos de subministración nos que hai presenza dun ascensor presentan unhas peculiaridades que explicamos a continuación.

Método de rexistro da potencia empregada e potencia a contratar:

No caso de que o ascensor se atope nun punto de subministración con facturación por maxímetro ( Que é o maxímetro? ) as lecturas de potencia empregada do mesmo, serán sorprendentemente baixas; de entre 0 e 3 kW empregados aínda que a potencia nominal do ascensor sexa moito máis elevada.

Isto acontece deste xeito porque o maxímetro elabora o rexistro promediando cada 15 minutos a potencia empregada e un ascensor emprega un pico de potencia relativamente alto só no arranque, é dicir, nun período de poucos segundos. Polo tanto, a media da potencia empregada cada 15 minutos, no caso dun ascensor será habitualmente de entre 0 e 3 kW utilizados segundo o modelo do ascensor e as veces que este se empregue durante estes 15 minutos.

No caso de puntos de subministración de máis de 15 kW (tarifa 3.0A), este feito permite contratar potencias marcadamente baixas en dous dos períodos xerando un aforro anual na facturación moi destacábel.

Posibilidade de mudar a facturación por maxímetro no caso de tarifa doméstica:

A lei (RD1454/2005) permite que un punto de subministración con tarifa doméstica e elementos non interrumpibles' poida pasar a facturación por maxímetro coa condición de que a potencia contratada sexa igual ou superior á suma das potencias nominales dos elementos non interrompíbeis. Considéranse elementos non interrompíbeis os seguintes aparellos:

  • Ascensores.
  • Equipos de ventilación forzada en garaxes.
  • Grupos de presión de subministración de auga para consumo humano e para extinción de incendios

Deste xeito, ante un punto de subministración con tarifa doméstica e con presenza destes "elementos non interrumpíbeis" é interesante valorar a posibilidade de axustar a potencia e pasar a facturación por maxímetro xa que a miúdo supón un destacado aforro anual.

É moi importante ter en conta que a empresa de distribución eléctrica, como indica a normativa, ao recibir a solicitude para pasar a facturación por maxímetro, pode requirir a emisión dun novo boletín eléctrico do punto de subministración.

Se estás interesado en valorar esta posibilidade podes solicitar de balde un  asesoramento en comunidades veciñais con ascensor e axudarémosche a escoller a mellor opción.

Still need help? Contactar Contactar