Que facer cando se deixa unha vivenda onde hai contratada a luz con Som Energia?

Se es a persoa titular do contrato, tes as seguintes opcións:

  • Opción 1. Solicitar un cambio de titularidad do contrato cara aos propietarios ou novos inquilinos, coa opción de desvincular o contrato do teu socio/a. A nova persoa titular disporá dun tempo para pensar se quere quedarse en Som Energia e entón facerse socio/a, ou ben contratar con outra comercializadora. Aquí tes un vínculo con máis información e acceso ao formulario de cambio de titular.
  • Opción 2. Solicitar unha baixa da subministración eléctrica. Deste xeito deixará de haber luz no piso. Se esta é a túa decisión debes enviar un correo electrónico a comercialitzacio@somenergia.coop facilitando a data aproximada na que queres que se solicite a baixa. A partir do momento en que a distribuidora da túa zona acepte a solicitude de baixa, esta ten un periodo máximo de 15 días hábiles para facela efectiva.

Se  es a persoa pagadora da contratación, debes empregar o formulario de cambio de persoa pagadora onde che solicitaremos a seguinte información:

  • Nome, apelidos e DNI da nova persoa pagadora.
  • Correo electrónico e teléfono de contacto da nova persoa pagadora.
  • O novo número de conta bancaria á que virar os recibos.
  • Lectura e data apartires da cal a nova persoa pagadora asume o pagamento das facturas.

Para contratar a luz na túa nova vivenda tan só tes que tornar a encher o formulario contrata a luz que toparás na páxina principal da web da cooperativa.

Still need help? Contactar Contactar