O servizo Infoenergia

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

O servizo Infoenerxía é unha ferramenta para axudar na comprensión do uso da enerxía e acompañar as persoas socias no seu camiño cara unha maior eficiencia enerxética e aforro económico.

Non nos interesa só informarte de como é o teu uso de enerxía, senón ofrecerche información para pasar á acción. Por este motivo, á parte de poder consultar como, cando e canta enerxía utilizaches, e entender o teu uso enerxético, Infoenerxía analiza os datos para atopar onde podes mellorar: optimizar a potencia, reducir o uso permanente de enerxía e a enerxía reactiva, cambiar hábitos, investir en enerxía renovábel…

Tamén aproveitamos o servizo Infoenerxía para comunicar outras informacións de interese sobre a eficiencia enerxética e a cooperativa.

Este servizo lévase a cabo a través de dúas canles:

  • A Oficina Virtual, onde podes consultar os teus rexistros horarios de uso de enerxía e comparalos con outros períodos e medias estacionais.
  • Informes personalizados que che enviamos por correo electrónico, con comparativas a respecto de usos de enerxía anteriores, comparativas con contratos con características semellantes ás túas, análises de usos permanentes, adecuación á túa tarifa óptima e consellos personalizados para mellorar os teus hábitos.

É un servizo gratuíto para todos os contratos. Para comezar a recibir informes só é preciso que o teu contrato teña unha antigüidade duns meses na cooperativa. En función do tipo de contrato que teñas (doméstico, pequena e mediana empresa ou administración pública) teremos que ter os datos do contador durante 6 ou 12 meses antes de enviarche o primeiro informe.

Estes son os diferentes informes que enviamos:

BeeData é a nosa colaboradora tecnolóxica, que desenvolve sistemas de información enerxética baseados en bigdata, é dicir, trata grandes volumes de datos procedentes dos contadores dixitais e combínaos con datos climáticos e con perfís estandarizados de demanda. 

A partir destas análises desenvolvemos diferentes informes para explicar ás persoas socias como é o seu uso de enerxía, onde hai o potencial de aforro de cada contrato e como avanzar ao longo do tempo nestes obxectivos. 

Así, de xeito responsábel e aliñado coa nosa misión de transformar o modelo enerxético, facemos uso de toda a información de que dispomos, para ser máis eficientes, aforrar enerxía, reducir o gasto económico e evolucionar cara un modelo de produción de enerxía distribuída.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar