Os Grupos Locais de Som Energia

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Os Grupos Locais de Som Energia están formados por persoas socias voluntarias que trasladan os valores que promove a cooperativa no seu territorio, facendo que o proxecto tome forma, medre e se arraigue nas diferentes realidades locais. Os Grupos Locais son pequenos motores de Som Energia que empurran e dan saída ás diferentes propostas e accións da cooperativa. 

Que fan os Grupos Locais?

  • Os Grupos Locais fan tarefas de difusión do proxecto con charlas, actos e coloquios asistindo a feiras, e fan correr a voz para que máis persoas se acheguen e participen na cooperativa.
  • Encóntranse, fórmanse, debaten e consensúan o rumbo da cooperativa en función do mandato da Asemblea xeral de socios e socias.
  • Establecen vínculos e tecen redes con outros colectivos que traballan en pro do cambio de modelo enerxético e na economía social e solidaria.
  • Organizan accións, mobilizacións e proxectos de xeito autónomo e respondendo a necesidades e inquedanzas a escala local.
  • Fan de vínculo entre os socios e socias da súa su zona e a estrutura da cooperativa.
  • Fan posíbel a participación virtual na Asemblea Xeral de socias e socios desde os diferentes puntos do territorio.

Como se organizan os Grupos Locais?

Os Grupos Locais deciden como organizarse de xeito autónomo, sempre seguindo os principios de horizontalidade, a toma de decisións de xeito democrático e demais cooperativistas.

Como atopar o Grupo Local máis próximo?

Nesta ligazón poderás atopar un directorio de correo electrónico de contacto, así como as diferentes redes sociais onde participa cada Grupo Local de Som Energia.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar