O servizo Infoenergia para entidades e empresas

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

O servizo Infoenergia para entidades e empresas é unha ferramenta de asesoramento personalizado dirixida a os contratos que teñen a tarifa 3.0TD (máis de 15 kW de potencia contratada) ou calquera tarifa de alta tensión (6.1TD, 6.2TD, 6.3TD ou 6.4TD).

É un servizo gratuíto que consiste no envío periódico de informes personalizados con información sobre como optimizar o contrato para aforrar na factura da luz. Daquela, ten por obxectivo empoderar as usuarias sobre o seu contrato para que poidan pasar á acción para melloralo.

Se es unha entidade ou empresa e o teu contrato ten ata 15 kW de potencia contratada en baixa tensión (peaxe de transporte e distribución 2.0TD), recibirás os informes periódicos —semellantes aos informes domésticos— e tamén poderás consultar, na Oficina Virtual, a análise do uso de enerxía que fixeches. Para máis información, podes consultar o seguinte artigo: O servizo Infoenerxía.

Nos informes analizamos os datos que temos dispoñibles deste tipo de contratos, principalmente:

●  A enerxía utilizada en cada período tarifario e o custo asociado para ofrecer consellos para reducilo.

●  A potencia máxima utilizada en cada período tarifario e o custo asociado, incluídas as posíbeis penalizacións por superar a potencia contratada, co obxectivo de identificar as potencias óptimas a contratar e o aforro que pode comportar.

●  A enerxía reactiva xerada e as penalizacións que se derivan, co obxectivo de minimizar o seu custo ou eliminalo completamente.

Ofrecemos o servizo Infoenerxía para entidades e empresas desde o ano 2020. Para elaborar os informes colaboramos con Beedata Analytics, SL, unha empresa tecnolóxica especializada en análises de datos masivos.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar