Sistema de estimación de uso da electricidade en Som Energia

Nos últimos anos, a raíz da instalación de contadores dixitais capaces de transmitiren datos mediante a telexestión, cada vez é menos frecuente que teñamos que recorrer á estimación de consumos. Na maioría dos casos, recibimos lecturas reais periodicamente e baseámonos nesas lecturas para emitir as facturas. Porén, nalgunhas ocasións, aínda realizamos estimacións de consumo.

Cando realizamos estimacións de consumo?

Normalmente recorremos ás estimacións cando a compañía distribuidora, propietaria do contador, non nos está a transmitir lecturas regularmente. Nese caso, co fin de non retrasar excesivamente a facturación, estimamos consumos e facturamos en base a lecturas calculadas.

Como se realiza o cálculo?

Calculamos un consumo diario (en kWh) baseado no histórico de consumo que rexistramos na nosa base de datos durante os meses anteriores (ata un máximo de 14 meses). Esta estimación de consumo diario multiplícase polo número de días que comprenda aquela factura; deste xeito obteremos o uso de electricidade do período.

O resultado sumarase á última lectura facturada para determinar a nova lectura de facturación.

[Lectura Estimada (kWh)] = [Lectura Inicial (kWh)]+ n.º de días x [Consumo_Diario]

Como podo saber se se me está a facturar con lecturas reais ou estimadas?

En todas as facturas de Som Energia quedan rexistradas as lecturas do contador nas que se basea aquela factura e indicarase se aquela lectura é real ou estimada. Hai tres posibles indicacións:

Real: a lectura foi enviada polo contador, foi comprobada por algún técnico da distribuidora, ou foi transmitida a Som Energia pola propia persoa usuaria.

Estimada distribuidora: lectura calculada pola compañía distribuidora e transmitida a Som Energia.

Calculada por Som Energia: estimación de consumo realizada por Som Energia.

Na túa Oficina Virtual tamén podes consultar as lecturas rexistradas.

Excepcións

Som Energia non realiza estimacións de consumo para aqueles contratos que teñen maxímetro (máis de 15 KW de potencia contratada e/ou elementos non interrompibles).




Did this answer your question? Thanks for the feedback There was a problem submitting your feedback. Please try again later.

Still need help? Contactar Contactar