Modificación da tarifa contratada

A tarifa vén determinada pola potencia que tes contratada e por se tes discriminación horaria ou non. Aquí podes consultar as tarifas de Som Energia.

Podes modificar a potencia do contrato ou ben a tarifa (pasala a discriminación horaria ou quitala) a través da Oficina Virtual. No final deste artigo móstrase como facelo.

No momento de facer un cambio de tarifa é importante ter en conta o seguinte:

Cando se pide un cambio de tarifa e/ou de potencia, as distribuidoras teñen a obriga de tramitar o cambio solicitado. Porén, se en menos dun ano se volve pedir outro cambio, poderían denegalo e habería que agardar o tempo indicado para facer a modificación.

Cando nos envíes a solicitude, o cambio farase efectivo nun prazo de entre unha e dúas semanas. Entón, enviarémosche un correo electrónico onde te informamos de que a modificación se efectuou correctamente.

A modificación da tarifa ten un custo de 10,94 € (IVE incluído), que cobrará a compañía distribuidora a través da nosa factura, baixo o concepto de actuación na mesura.

Debes ter en conta que se tamén desexas tramitar unha modificación do contrato que afecta a potencia, ou ben a condición de contrato con autoprodución, podes aproveitar e tramitalo todo ao tempo. Deste xeito, aforras que a distribuidora che cobre este concepto dúas ou tres veces (cada vez que pidas un cambio).

Se non tes claro cal é a potencia e/ou tarifa que precisas, recomendámosche os seguintes artigos:

●      Como podo saber a potencia que preciso?

●      A tarifa con discriminación horaria

 

Como se solicita un cambio de tarifa e/ou potencia?

Para pedir unha modificación de tarifa e/ou potencia de calquera dos teus contratos de luz con Som Energia, é preciso que o fagas a través da Oficina Virtual. Despois de identificarte, tes que á sección «Contratos» e, no despregábel, seleccionar «Modificar tarifas» (ou «Modificar a potencia contratada»):

Despois de ler o aviso que che aparecerá, podes premer «seguinte». No despregábel, selecciona todo o que desexes modificar (poderás modificar a tarifa e tamén, se o precisas, a potencia e/ou a tensión).

Se aínda non tes activada a túa Oficina Virtual, podes facelo seguindo os pasos que se indican na seguinte ligazón: Acceder á Oficina Virtual por primeira vez.

Did this answer your question? Thanks for the feedback There was a problem submitting your feedback. Please try again later.

Still need help? Contactar Contactar