Como facer un cambio de titular do contrato?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se un contrato xa está activo coa cooperativa e precisas cambiar a titularidade, deberás completar o seguinte formulario cambio de titularidade da Oficina Virtual da cooperativa.

O formulario pode cubrilo tanto a nova persoa titular como a antiga.

Antes de completalo, recomendámosche que teñas en conta a información que se detalla a continuación.

Cando se require un cambio de titular?

  • Se es a persoa titular dun contrato con Som Energia e marchas do punto de subministración.
  • Se entraches a vivir nun punto de subministración que ten a luz contratada con Som Energia.
  • Se se trata dunha defunción da persoa titular dun contrato activo con Som Energia.
  • Ou no caso dunha fusión entre empresas, e o contrato pasa á nova compañía.

Se o contrato aínda non está coa cooperativa e o que queres facer é un cambio de titular e ao tempo contratar a luz connosco, debes cubrir o formulario Contrata a luz.

Que información precisas para levar a cabo o cambio de titularidade?

  • Os datos de identificación do contrato con Som Energia (N.º contrato, CUPS…) que aparecen na factura.
  • Os datos completos da nova persoa titular.
  • Se o contrato queda vinculado unha persoa socia distinta da persoa titular, o número de socia de Som Energia e o NIF.

Información xenérica

O cambio de titular é gratuíto (€ 0), agás cando a empresa distribuidora requira unha acción de campo. Estas accións de campo non son moi comúns e xeralmente só as realizan pequenas empresas de distribución para verificar que a instalación estea en boas condicións. Teñen un custo legal regulado de 10,94 euros (IVE incluído), que será cobrado pola distribuidora través da nosa factura.

Cando estea cuberto o formulario, recibirás un correo de confirmación. Se todo é correcto, desde este momento o cambio de titular pode tardar un máximo de cinco días hábiles.

Lembra: para realizar un cambio de persoa titular terás que cubrir o formulario Cambio de titularidade.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.