Custo da potencia con maxímetro

¡ATENCIÓN!

A información que se explica neste artigo deixará de ser válida desde o momento en que se aplique o novo sistema de peaxes de transporte e distribución de electricidade publicado no BOE vía circular da CNMC (Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia). A petición da CNMC, e segundo publicou o BOE, a aplicación do novo sistema de peaxes de transporte e distribución farase a partir de abril de 2021 (o cambio podería aplicarse gradualmente). Nesta ligazón atoparás máis información ao respecto.

O custo da potencia coa facturación por maxímetro pode ser variábel cada mes, xa que a potencia para facturar depende da potencia contratada e a potencia utilizada rexistrada por maxímetro.

Potencia utilizada (rexistrada polo maxímetro)

Potencia facturada

Si é inferior ao 85 % da potencia contratada. Cobrarase o 85 % da potencia contratada.
Entre o 85 % e o 105 % da potencia contratada. Cóbrase a potencia utilizada rexistrada polo maxímetro.
Se supera o 105 % da potencia contratada. Cóbrase a potencia utilizada + unha penalización; esta é do dobre da diferenza entre o valor rexistrado e o valor correspondente ao 105 % da potencia contratada.

Se se dispón dunha tarifa 2.0 ou 2.1 con ou sen discriminación horaria, o custo da potencia é directamente o valor da potencia facturada segundo a táboa.

No caso das tarifas 3.0A e 3.1A, o custo da potencia é a suma do prezo das potencias facturadas de cada un dos tres períodos.

As tarifas 3.0A e 3.1A teñen tres períodos de facturación tanto para potencia como pola enerxía, con prezos diferentes segundo a franxa horaria.

Podedes consultar os prezos por potencia e enerxía de cada un dos tres períodos na sección de tarifas da web da cooperativa.   

Did this answer your question? Thanks for the feedback There was a problem submitting your feedback. Please try again later.

Still need help? Contactar Contactar