Que podo facer cando marcho dunha vivenda onde teño contratada a electricidade con Som Energia?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se tes previsto marchar dunha vivenda ou local onde tes contratada a luz con Som Energia, e es a persoa titular do contrato, debes saber que existen as seguintes opcións:

  • Opción 1. Solicitar un cambio de titularidade do contrato cara as persoas propietarias da vivenda ou as novas inquilinas, coa opción de desvincular o contrato do teu número de socio/a. Este trámite ten que facelo a nova persoa titular. En caso de que non sexa socia, terá un tempo para pensar se quere quedar en Som Energia, e facerse socia, ou ben contratar a subministración eléctrica con outra comercializadora. Aquí podes atopar máis información sobre o cambio de titular e o acceso ao formulario de cambio de titular. Recomendámosche que te asegures de que realizan o trámite, para evitar que continúes a ser a persoa titular do contrato se xa non queres selo.
  • Opción 2. Solicitar un cambio de comercializadora. Se a persoa que será responsábel do contrato a partir de agora non quere ter contratada a luz con Som Energia, poderá pedir un cambio de comercializadora á compañía que queira.A solicitude deberá realizala a nova persoa titular directamente á nova comercializadoracoa que desexa facer o contrato. Se é este o caso, desde Som Energia enviarémosche un correo informándote de que a subministración do punto de luz pasou a outra comercializadora.
  • Opción 3. Solicitar unha baixa da subministración eléctrica. Deste xeito, deixará de haber luz na vivenda ou local. Se esta é a túa decisión, debes encher o formulario de baixa de subministración eléctrica e contestar o correo de confirmación que che enviaremos. Informámoste de que, desde que recibamos o teu correo de confirmación até que a distribuidora da túa zona faga efectiva a baixa, poden pasar desde unhas horas até seis días laborábeis (é o tempo máximo que ten establecido a distribuidora para facer a xestión). Polo tanto, non podemos garantir o día exacto que deixará de haber subministración eléctrica.

Para contratar a luz da túa nova vivenda ou local, o único que tes que facer é encher de novo o formulario contratar a luz que atoparás na páxina inicial da web da cooperativa.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar