Como darse de baixa de socio ou socia

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Neste artigo explicaremos os puntos seguintes:

Como pedir a baixa de socio ou socia

Para pedir a baixa como persoa ou entidade socia, debes encher o seguinte formulario:  Formulario de baixa (se o que queres é dar de baixa un contrato, ou sexa, realizar un corte de subministración, visita este outro artigo do Centro de Axuda).

Os estatutos da cooperativa establecen que, se se dan as condicións, a achega obrigatoria ao capital social (os 100 euros) devolverase un mes despois da Asemblea do ano seguinte ao que pidas a baixa (ou sexa, se a baixa a pediches en febreiro de 2021, o retorno debería realizarse un mes despois da Asemblea de 2022). Porén, habitualmente devolvemos este importe, de forma anticipada, nun prazo aproximado duns 3 ou 4 meses. Sempre que o contexto do momento o permita, tentaremos seguir facéndoo así.

Se fixeches achegas voluntarias ao capital social

A baixa da persoa ou entidade socia tamén implica o reembolso das achegas voluntarias ao capital social, en caso de que as teñas, segundo os requirimentos establecidos nos estatutos e o acordo de admisión ás achegas voluntarias. Daquela, se realizaches achegas voluntarias ao capital social, á parte de pedir a baixa como persoa socia, deberás pedir a devolución das túas achegas. Se unha persoa ou entidade quere retirar a súa achega, pode solicitalo en calquera momento, cubrindo este formulario.

Se participas no Generation kWh

A baixa da persoa ou entidade socia tamén implica a amortización anticipada do préstamo Generation kWh, en caso de que o teñas, segundo os requirimentos establecidos nos termos do contrato de préstamo Generation kWh. Daquela, se realizaches achegas ao proxecto Generation kWh, á parte de pedir a baixa como persoa socia, deberás pedir a amortización anticipada do préstamo Generation kWh. Para recuperar o importe pendente de amortizar, debes encher este formulario. Cando se che devolvera, tramitaremos a túa baixa.

Baixa por defunción da persoa socia

En caso de defunción da persoa socia, pódese transmitir a condición de persoa socia a outra persoa, ou pódese pedir a baixa e solicitar a devolución da achega obrigatoria ao capital social. En ambos casos, é preciso que, antes de que pasen seis meses desde o falecemento, nos envíes un correo electrónico a info@somenergia.coop achegando unha copia da escritura da aceptación da herdanza. En caso de que haxa máis dunha persoa beneficiaria, deberá achegarse un documento asinado por todas as beneficiarias onde acorden adxudicar a condición de persoa socia, as achegas voluntarias e o préstamo Generation kWh (en caso de existir) a unha das beneficiarias.

Se o precisas, podemos facilitarche un documento que acredite a condición de persoa socia.

En caso de que a persoa socia fose titular de algún contrato, é preciso que enchas o formulario de cambio de titularidade, indicando nas observacións que o cambio é por defunción da persoa titular, e achegando o certificado de defunción.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar