Que é Som Energia?
Som Energia é unha cooperativa de consumo e produción de enerxía verde sen ánimo de lucro, que ten o obxectivo de reunir a miles de persoas co desexo de mudar o modelo enerxético actual e traballar xuntas para acadar un modelo 100% renovábel.
Un pouco de historia
O 10 de decembro de 2010 constitúese Som Energia, un proxecto de participación cidadá para cambiar o modelo enerxético
Pasados tan só uns meses, durante o ano 2011 iniciouse a actividade de comercialización de electricidade certificada 100% renovábel e a posta en funcionamento dos primeiros proxectos renovábeis de xeración.
- Se queres coñecer a nosa historia consulta este vínculo.
Ser socio / socia
Calquera particular, empresa, organización, entidade ou administración pública que comparta os valores de Som Energia, pode unirse á cooperativa.
- Toda a información sobre o que representa ser socio / socia de Som Energia atoparala neste vínculo.
Contratar luz 100% renovábel
Xestionamos, mercamos e facturamos a electricidade que usan as persoas que quixeron contratarnos como comercializadora de electricidade 100% renovábel, segundo os certificados de garantía de orixe da Comisión Nacional de Mercados e Competencia (CNMC).
- Se queres contratar luz 100% renovábel na túa casa ou no teu negocio ou sé, consulta este vínculo
Produción de enerxía renovábel
Producimos enerxía eléctrica en instalacións de xeración a partir de fontes renovábeis (sol, vento, biogás, biomasa, etc.), financiadas con achegas económicas voluntarias dos socios e socias.