Que potencia GURB podo contratar?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

GURB (xeración eléctrica urbana) é o novo servizo de Som Energia que facilita a participación nun proxecto de autoconsumo colectivo ás persoas e entidades socias da cooperativa, sobre todo a aquelas que, pola circunstancia que sexa, non poden participar nun autoconsumo.

Neste artigo falaremos dos seguintes puntos:

Que é a potencia GURB?

Chamámoslle potencia GURB á potencia que corresponde á túa participación nun proxecto GURB concreto ou, dito dunha maneira máis sinxela, a «parte que che corresponde» da potencia total da instalación, expresada en kW.

Esta potencia GURB determina a produción de enerxía que se che asignará pola túa participación: canta máis potencia GURB, máis enerxía poderás obter.

É como se che correspondesen unha, dúas ou máis placas. Chegarache a enerxía que xeren.

ALERTA!

Hay que diferenciar a potencia GURB da potencia que podes ter contratada no teu punto de subministración, y que dá unha idea de todas as seccións que podes ter conectadas á vez. Para máis información, podes consultar este artigo do Centro de Axuda. 

Que potencia GURB podo contratar?

Polo xeral, a potencia GURB que os usuarios domésticos poden contratar é de 0,5 kW ou 1 kW por contrato. Esta potencia GURB quedará recollida nas condicións particulares do teu contrato.

Se as características da instalación o permiten, pode ser que se abra a posibilidade de contratar unha potencia GURB máis elevada. Nese caso, determinarase e informarase con claridade das posíbeis potencias GURB dispoñíbeis.

Para os contratos de empresas, que teñen máis consumo, a potencia GURB que se pode contratar aumenta.

Segundo o meu consumo, cal é a potencia GURB recomendada?

A potencia que se recomenda contratar varía en función do tipo de usuario e do seu consumo.

Para usuarios domésticos (tarifas 2.0TD, por baixo de 15 kW de potencia contratada)

Neste caso, segundo o teu uso anual de enerxía, a nosa recomendación é a seguinte:

Uso de enerxía anual Potencia GURB recomendada
Entre 1.000 e 2.500 kWh 0,5 kW
Máis de 2.500 1 kW

No caso de desexares unha participación máis elevada, podes escribir un correo a gurb@somenergia.coop e valoraremos a túa petición en función do teu consumo anual e da dispoñibilidade que haxa.

Podes atopar o teu consumo anual en calquera factura, como explicamos neste artigo.

E se o meu consumo anual é inferior a 1.000 kWh?

Para un consumo anual de electricidade inferior a 1.000 kWh/ano, adherirte a un autoconsumo compartido como GURB proporcionarache independencia do mercado, pero neste caso é probábel que non haxa un aforro económico na factura, xa que o custo do servizo pode ser superior ao posíbel aforro que poida xerar a instalación de autoconsumo.

Para os contratos de entidades e empresas (con tarifa 3.0TD)

Para usuarios coa tarifa 3.0TD, polo xeral entidades e empresas, a potencia GURB óptima variará en función de diversos factores, como o consumo anual, pero tamén das horas ás que se utiliza a enerxía.

A seguir propomos uns valores estimados da potencia GURB que contratar segundo o uso de enerxía anual.

Uso de enerxía anual Potencia GURB recomendada
Até 4.000 kWh 1 kW
Entre 4.000 e 6.000 kWh 1,5 kW
Entre 6.000 e 8.000 kWh 2 kW
Entre 8.000 e 10.000 kWh 3 kW
Entre 10.000 e 12.500 kWh 4 kW
Entre 12.500 e 15.000 kWh 5 kW

Se queres ter un estudo personalizado segundo o teu consumo real, podes escribir un correo a gurb@somenergia.coop e axudarémoste.

No caso de non ter o contrato con Som Energia, terás que anexar unha factura recente da subministración eléctrica e indicarnos o horario habitual de funcionamento do estabelecemento.

ALERTA!

Tal como indicamos neste artigo, participar no proxecto GURB non é garantía de aforro, ao igual que non se poden garantir os anos de amortización dunha instalación de autoconsumo individual. O mercado eléctrico está condicionado por múltiples factores que poden condicionar este feito. 

Por que as potencias GURB que se poden contratar están limitadas?

Como xa sinalamos, as potencias GURB que se poden contratar están limitadas. A razón é dobre:

  • Por unha banda, unha participación pequena no proxecto favorece que o custo do servizo se poida recuperar con máis facilidade coa enerxía obtida. Isto é así porque, se a potencia é menor, hai máis probabilidade de empregar toda a enerxía xerada. Se participas con máis potencia da necesaria, é posíbel que non aproveites toda a enerxía que se xere.
  • Por outra banda, as participacións pequenas permiten que máis persoas ou entidades socias da cooperativa poidan participar, seguindo o mesmo criterio que aplicamos noutros produtos e servizos: buscar a maior participación posíbel.
Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.