Diferenza entre o prezo de compensación dos excedentes de autoprodución e o prezo de compra

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se revisas as tarifas por períodos que ofrecemos, podes observar que o prezo de compensación dos excedentes de autoprodución sempre é inferior ao prezo de compra da enerxía, sexa cal sexa o período no que fagas a comparación.

Para entender esta diferenza debes ter en conta que o prezo ao que vendemos a enerxía nas tarifas da cooperativa é, basicamente, a suma dos seguintes conceptos:

  • Prezo da enerxía.
  • Custos regulados que se determinan por lei, que inclúen:
    • Peaxes de acceso definidos pola CNMC.
      • Rede de transporte e distribución.
    • Cargos definidos polo ministerio correspondente.
      • Prima nas renovábeis, coxeración e residuos (RECORE).
      • Déficit do sistema eléctrico.
      • Retribución dos sistemas non peninsulares.
      • Taxa CNMC.
      • Plan xeral de residuos radioactivos.
  • Custos do sistema:
    • Pagamentos por capacidade.
    • Sobrecustos pola xestión da rede.
    • Perdas da rede.
  • Certificados en garantía de orixe
  • Marxe de comercialización.

A estes conceptos hai que sumar os impostos correspondentes.

Pola súa parte, o prezo de compensación dos excedentes non inclúe moitos destes conceptos, que non se lle aplican. É o caso dos custes regulados (peaxes e cargos), os custos do sistema e a marxe de comercialización. Por iso, o prezo resultante é inferior ao prezo das tarifas da cooperativa, xa que corresponde unicamente ao prezo da enerxía que establecemos de referencia, como prezo de custo. Este prezo definímolo cada vez que cambiamos as tarifas e é único para todos os períodos e tarifas.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar