Que debo facer para presentar unha reclamación a Som Energia?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Como tramitar unha reclamación?

De xeito xeral, se queres presentar unha reclamación, tesnos que escribir un correo a reclama@somenergia.coop contándonos o teu caso.

Habitualmente hai dous motivos polos que se quere presentar unha reclamación: danos ou perdas na instalación eléctrica, ou ben incidencias na factura.

Sufrín danos ou perdas na miña instalación eléctrica

Se a reclamación é para facer unha petición de indemnización, porque sospeitas que unha alteración eléctrica provocou unha avaría nun ou varios aparellos eléctricos, é preciso que nos escribas un correo electrónico coa seguinte información:

  • O número de contrato e o número CUPS (Código Universal de Punto de Subministración).
  • A data da alteración na subministración eléctrica (se pode ser, exacta)
  • O número de incidencia que che facilitara a distribuidora, se o tes.
  • Unha breve descrición dos feitos.
  • Unha valoración aproximada dos danos que sufriches.
  • Toda a documentación que consideres necesaria para acreditar os danos.

Estes datos servirannos para comunicarnos coa distribuidora, que nos indicará se a orixe da alteración provén da súa rede eléctrica ou non.

Estou en desacordo cunha factura

Se a reclamación ten que ver coa factura eléctrica, aconsellámosche que revises antes a información que damos en este artigo.

Se tes algunha dúbida ou motivo de discrepancia coa factura, o mellor é que contestes o correo da factura en cuestión ( factura@somenergia.coop). Así, desde o Equipo de Factura da cooperativa axudarémoste a resolver calquera dúbida ou incidencia sobre a facturación. Tamén te axudaremos a valorar se o que convén, finalmente, é presentar unha reclamación á distribuidora ou non.

Información importante en relación coas reclamacións, a subministración e as instalacións

Quen fai o que no mercado eléctrico? 

Som Energia somos unha empresa comercializadora. Como tal, encargámonos de comprar a electricidade no mercado maiorista e facturar aos nosos contratos segundo o uso da electricidade que fixeron. Tamén enviamos a factura da luz e tramitamos as modificacións contractuais como cambios de titular ou potencia contratada. Ademais, xestionamos as reclamacións que poidas ter en relación co contrato de subministración eléctrica, de acordo coas Condicións Xerais.

A empresa distribuidora é a propietaria da rede eléctrica de distribución e habitualmente tamén ten a propiedade do contador. A distribuidora tamén é a encargada de que chegue a electricidade a todos os puntos a través da súa instalación de cables, de manter esta instalación e de velar polo bo funcionamento da rede de distribución, polo tanto, é a empresa que debes avisar se hai algunha avaría na subministración eléctrica. Tamén se encarga de tomar as lecturas dos contadores dos puntos de subministración e envialas á comercializadora. 

Finalmente, a persoa titular da subministración suministro é a responsábel de manter en bo estado a súa instalación. Esta inclúe a caixa xeral de protección (CGP), a cablaxe e os elementos de protección que se sitúan no cadro eléctrico.

Reclamacións a outros organismos

En caso de que esteas en desacordo en como se resolveu unha reclamación, tes distintos organismos aos que podes acudir para verificar se a resolución é correcta e se adapta á lei. Se este é o teu caso, podes visitar este outro artigo, onde explicamos brevemente cales son estes organismos aos que podes presentar unha reclamación.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar