Bonificación do imposto eléctrico

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

O imposto eléctrico (IESE) é un imposto especial (actualmente, 5,112696 %) que se aplica sobre a potencia contratada e a enerxía utilizada.

Segundo a lei 28/2014 de 27 de novembro, algúns puntos de subministración poden optar a unha porcentaxe de bonificación do imposto eléctrico sempre que a enerxía eléctrica que utilizan a dediquen a un destes usos:

  1. Redución química e procesos electrolíticos.

  2. Procesos mineralóxicos.

  3. Procesos metalúrxicos (os definidos pola lei).

  4. Actividades industriais cunha electricidade consumida que represente máis do 50 por cento do custo dun produto.

  5. Regas agrícolas.

  6. Actividades industriais cunhas compras ou un uso de electricidade que representen cando menos o 5 % do valor da produción.

Se te atopas nalgunha destas casuísticas, recomendámosche que consultes directamente a lei para determinar exactamente se a túa actividade se pode incluír nun dos puntos anteriores.

Esta bonificación, tal como e marca a lei, pode chegar ao 85 % sobre a base impoñíbel sobre a que se calcula o IESE. Nalgúns casos nos que no punto de subministración se dan diferentes actividades económicas ou usos, esta porcentaxe pode ser menor segundo o determine a Axencia Tributaria.

Ademais, quedan exentos do imposto:

  • A enerxía eléctrica utilizada nos puntos de subministración que a utilicen en actividades relacionadas co ámbito das relacións diplomáticas, acordos con terceiros países e convenios internacionais:
  • A enerxía eléctrica utilizada nos puntos de subministración asociados a unha instalación de produción de enerxía eléctrica acollida ao réxime retributivo específico de acordo coa lexislación sectorial.
  • A enerxía eléctrica utilizada nos puntos de subministración asociados ás instalacións de produción, transporte e distribución de enerxía eléctrica para a realización exclusiva destas actividades.

Como tramitar a bonificación?

Para tramitar a bonificación, débese solicitar á Delegación territorial do lugar onde se atopa o punto de subministración da Axencia Estatal de Administración Tributaria a inscrición no rexistro territorial de Oficina Xestora de Impostos Especiais.

Cando estea feita a inscrición, a Axencia Tributaria enviará un comunicado de inscrición no rexistro coa Tarxeta de Inscrición, na que se indica a porcentaxe de bonificación, o CUPS do punto de subministración, a data de inscrición e un Código de Identificación da Electricidade (CIE).

Para aplicar a bonificación ao contrato de luz, débesnos enviar por correo electrónico a fiscal@somenergia.coop a carta que envíe Facenda coa Tarxeta de inscrición onde se confirma que che outorgan a bonificación e en que porcentaxe, o CUPS ao que se aplica a bonificación, a data de aplicación e o código CIE.

Still need help? Contactar Contactar