Como decidir a potencia a contratar na tarifa 3.0A

Na tarifa 3.0A débese escoller contratar unha potència para cada un dos tres períodos de facturación. Para tomar esta decisión recomendámosche seguir os seguintes pasos:

1. Coñecer o funcionamento da tarifa 3.0A

Antes de tomar a decisión sobre as potencias que convén contratar nun punto de subministración de máis de 15 kW contratados, é moi importante coñecer ben o funcionamento da  tarifa 3.0A

2. Coñecer a potencia óptima dos derradeiros 12 meses

A potencia óptima dos derradeiros 12 meses extráese a partir dun cálculo baseado nas lecturas do maxímetro dos pasados derradeiros 12 meses e o sistema de facturación da potencia por maxímetro determinado por lei: Custo da potencia na tarifa 3.0A

En Som Energia ofrecemos de balde a realización dun estudo de identificación da potencia óptima a contratar os derradeiros 12 meses para contratos de máis de 15 kW de potencia contratada.

Neste estudo poderás atopar

  • As lecturas do maxímetro dos derradeiros 12 meses. Obtido da base de datos da empresa de distribución eléctrica da tua zona.
  • potencia óptima dos derradeiros 12 meses.
  • aforro xerado no caso de ter durante estos 12 meses pasados a potencia optimizada con Som Energia.
  • Outra información de interese, como por exemplo un estudo de custos da enerxía activa e reactiva.

3. Prever o uso da electricidade dos vindeiros 12 meses

Esta é a parte máis importante no momento de decidir que potencias contratar. Podédesvos topar nas seguintes situacións:

Se sabes que os vindeiros 12 meses empregarás a electricidade do mesmo xeito que nos 12 meses pasados presentes no estudo, será conveniente contratar a potencia óptima resultado do estudo.
No caso de que teña previsto engadir maquinaria á instalación o vindeiro ano, será moi importante coñecer a súa potencia de funcionamento e o horario en que estará activa para poder estimar en cal dos tres períodos será preciso manter unha potencia máis elevada.
No caso de que a previsión para os vindeiros 12 meses sexa variar os horarios de uso da electricidade, haberá que reflectir esta mudanza na potencia contratada para cada un dos períodos.
No caso de que a variación de uso enerxía sexa moi importante,  recomendamos que te poñas en contacto cunha empresa especializada para recibir o asesoramento axeitado con pleno coñecemento da instalación, os aparellos presentes e a temporalidade do seu uso.

Still need help? Contactar Contactar