A comercialización da electricidade

As empresas de comercialización 

A empresa comercializadora encárgase de comprar a electricidade no mercado maiorista e facturala aos seus clientes segundo o uso da electricidade que fagan. A comercializadora é quen envía a factura de luz e tramita as modificacións contractuais tales como mudanzas de titular, potencia contratada ou de tarifa (discriminación horaria DH e super val DS).

En 1997 se liberalizó parte del sector eléctrico y, entre otras medidas, esto supuso que actualmente tienes la posibilidad de elegir qué empresa quieres que facture tu electricidad. Puedes tomar esta decisión en función de criterios como el servicio, el origen de la luz (renovable o no), la filosofía, el modelo empresarial ...

En 1997 liberalizouse parte do sector eléctrico e, entre outras medidas, isto supuxo que na actualidade teñas a posibilidade de escoller que empresa queres que facture a túa electricidade. Podes tomar esta decisión en función de criterios como o servizo, a orixe da luz (renovábel ou non), a filosofía, o modelo empresarial...

A comercializadora NON se encarga do mantemento da liña nin do mantemento e lecturas dos contadores. Estas tarefas son por conta da empresa de distribución eléctrica.

A compra e venda da electricidade 

Hai dous mercados onde participan os produtores (quen producen a electricidade) e os comercializadores (os que a compran), cos seus representantes e axentes de mercado. Neste mercado é onde se decide o prezo da enerxía en función da oferta e a demanda existente. As dúas tipologías de mercado son:

  • Mercado diario: mercado onde cada día se decide o prezo para cada hora do día seguinte. Históricamente, os prezos deste mercado resultaron ser máis económicos que os do mercado a futuros, pero moito máis inestábeis. Neste mercado é onde participa Som Energia a través do grupo de compra cooperativo Unión Electro Industrial.
  • Mercado a futuros mercado onde se compra e vende electricidade por semanas, meses, ou anos futuros. Este mercado adoita ter prezos máis altos, pero máis estabilidade. É un mercado onde se xestionan grandes volumes de enerxía, e pode ter un marcado carácter especulativo. (Unha empresa podería comprar electricidade do próximo ano e volvela a vender pasadomañá).

O Mercado regulado (PVPC) e o mercado libre

No mercado regulado os prezos e servizos veñen marcados polo Goberno e no libre, os prezos decídenos as empresas comercializadoras, habitualmente, con marxes moi axustadas de non máis do 5%.

Ti como usuario/a podes escoller a compañía eléctrica que prefiras, no mercado libre ou no regulado.

  • No mercado regulado (PVPC), a tarifa vén fixada polo Goberno. O 1 de xullo de 2014 a TUR desapareceu e pasou a ser o PVPC (Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor). As CUR pasaron a chamarse Comercializadoras de Referencia, e ofrecen dúas opcións: o PVPC, con Prezos Indexados ao prezo horario do mercado, e o Prezo Fixo, que mantén o prezo durante todo o ano (con permanencia). Se como usuario non dixeches nada, aplicaranche o PVPC, os prezos indexados ao mercado maiorista.
  • No mercado libre, é a propia comercializadora quen acorda os prezos das súas tarifas, conxuntamente coas condicións contractuais. Som Energia é unha comercializadora que forma parte do mercado libre. No noso caso, o método que empregamos para fixar os prezos de venda, foi exposto e votado en asemblea polos socios (e clientes) da cooperativa na Asemblea Xeral do 2014

As comercializadoras de Referencia

Son as comercializadoras que ofrecen o Prezo ao Pequeno Consumidor (PVPC) e as únicas que poden tramitar o  bono social. Antes chamábanse Comercializadoras de Último Recurso e coinciden coas cinco grandes empresas distribuidoras. Son as seguintes:

  • Endesa Energía XXI, SLU
  • Iberdrola Comercialización de Último Recurso, SAU
  • Gas Natural SUR, SA
  • E.ON Comercializadora de Último Recurso SL
  • EDP Comercializadora de Último Recurso SA
  • CHC Comercializadora de Último Referencia SLU
  • (En Melilla):  Teramelcor, SL
  • (En Ceuta): Empresa Alumbrado Eléctrico de Ceuta Comercialización Referencia, SA

As Comercializadoras de mercado libre

Poderás topar unha lista de tódalas actuais comercializadoras de mercado libre accedendo á páxina web da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC): ligazón

Comparador de precios: A mesma páxina da CNMC ofrece un servizo de comparador de prezos e ofertas entre as diferentes compañías comercializadoras. Ao empregar este comparador, separadamente do prezo, hai que ter en conta as condicións contractuais como permanencias, actualización de tarifas ou servizos adicionais de mantemento, etcétera

En Som Energia non hai ningún tipo de permanencia. No momento que queiras, podes mudar de compañía comercializadora sen que haxa penalización algunha.

Do mesmo xeito en Som Energia non ofrecemos ofertas especiais, nin cláusulas adicionais, nin letra pequena...

Still need help? Contactar Contactar