Os Grupos Locais de Som Energia

Os Grupos Locais de Som Energia están formados por persoas socias que de xeito voluntario fan que o proxecto de Som Energia tome forma, creza e se arraigue ás diferentes realidades locais de todo o territorio. Os Grupos Locais son a alma da cooperativa.

¿Que fan os Grupos Locais?

  • Os Grupos Locais realizan tarefas de difusión do proxecto con charlas, actos e coloquios asistindo a feiras, e fan correr a voz para que máis persoas se achéguen e participen da cooperativa.
  • Atópanse, fórmanse, debaten e acordan xunto co Consello Reitor o rumbo da cooperativa en función do mandato da Asemblea Xeral de socios e socias.
  • Establecen vínculos e tecen redes con outros colectivos que traballan en prol do cambio de modelo enerxético e na defensa do medio ambiente.
  • Organizan accións, mobilizacións e proxectos de xeito autónomo e respondendo a necesidades e inquedanzas a nivel local.
  • Fan de vínculo entre os socios e socias de pobos e cidades e a estrutura da cooperativa.
  • Procuran novos proxectos de xeración renovábel a ser impulsados e financiados por Som Energia.
  • Fan posíbel a súa participación por videoconferencia na Asemblea Xeral de socias e socios nos diferentes pobos e cidades.
  • Representan la cooperativa ante las administraciones locales.
  • Representan á cooperativa ante as administracións locais.

¿Como se organizan os Grupos Locais?

Os Grupos Locais deciden como organizarse de xeito autónomo sempre en prol da horizontalidade e os valores cooperativistas.

¿Como topar o Grupo Local máis próximo?

Neste vínculo poderás atopar un directorio de correo electrónico así como as diferentes redes sociais onde participa cada grupo local.

Still need help? Contactar Contactar