Que representa unha Acción Enerxética?

Cada Acción Enerxética (100 €) equivale a unha cantidade concreta de enerxía eléctrica (kWhs) en función da produción real das Plantas Asociadas.

A equivalencia entre acción enerxética e a electricidade a recibir anualmente determínase en función da produción real das instalacións renovábeis vinculadas ao Sistema de Autoprodución Colectiva (Generation kWh).

Polo tanto, será un dato que se axusta á realidade en cada intre. Se os proxectos xeran máis ese mes, a ratio mellorará. Se é un día de menos produción, esta ratio reducirase.

Estimamos, sobre a produción prevista, unha ratio de 170 kWh/AE mínimo. Este valor é conservador xa que cando teñamos os tres proxectos funcionando (fotovoltaico, eólico e minihidráulico) esta ratio pode chegar aos 200 kWh/AE.

Para máis información, o método de cálculo concreto especifícase no  Anexo I e Anexo II do contrato subscrito.

Visitala web Generationkwh.org

Still need help? Contactar Contactar