A que prezo obteremos a electricidade autoproducida?

O prezo Generation kWh a aplicar pola electricidade que recibiremos a través da nosa factura, calcularase en función do custo real para xerar esta electricidade nas Prantas Asociadas. 

Deste xeito, os kilowatios-hora asignados non son gratuitos. Teñen un prezo que será equivalente ao prezo de custo que ten xeralos.
O prezo da enerxía establecido para este ano é de 0,036 €/kWh

Este prezo calcúlase en función dos custos de operación das instalacións asociadas, e que tamén pode ser obxecto de axuste por parte da Asemblea Xeral de Som Energia, en función de criterios obxectivos establecidos nas  condicións xerais do contrato:

  • Custos de mantemento.
  • Gravame de xeración.
  • Custos de xestión.
  • Amortización lineal durante 25 anos ou durante a vida servíbel do proxecto.
  • Outros.

Aínda que a variación anual do prezo Generation kWh será pequena, non se trata dun valor fixo durante toda a vida do contrato, senón que se axustará á realidade de cada momento. É importante recalcar que será un prezo independente do Mercado Eléctrico. De feito, esta independencia é un dos alicerces do proxecto Generation kWh.

A incidencia na factura deste prezo de custo únicamente incide na parte de enerxía. Xa que logo, non evita pagar os outros conceptos do término variable ou consumo (peaxes, pagamentos regularizados, taxas, etc.).

Cos proxectos que queremos impulsar prevese un prezo de custo de entre 0,035 a 0,038 ?/kWh, é dicir, aproximadamente un céntimo por baixo do prezo da electricidade no mercado. Por exemplo, no caso da tarifa 2.0, estariamos falando dun término de enerxía darredor de 0.122449 ?/kWh.

Para máis información, o método de cálculo concreto especifícase no  Anexo I do contrato subscrito

Visitar a web Generationkwh.org

Still need help? Contactar Contactar