Está garantido o retorno dos cartos pasados os 25 anos?

Si, Som Energia garante ao socio/a a devolución deste capital en 25 anos.

Como estamos investindo para impulsar proxectos de renovábeis que, na non teñen ningún incentivo por parte do Goberno, os investimentos deben ser a longo prazo. Debido a iso, o contrato é a 25 anos. É o xeito de poder garantir que os proxectos teñen a capacidade de devolver o diñeiro investido.

Coma sempre aconsellamoss para tódolos investimentos da cooperativa, hai que ter en conta os seguintes aspectos:

  • Investir o que non prevés precisar a curto prazo.
  • A vantaxe de optar polo sistema de autoprodución colectiva dependerá tanto dos custos reais de xerar a electricidade nas plantas como da evolución do prezo de mercado da electricidade (se este sobe a operación será máis rendíbel e viceversa).
  • Falamos de proxectos de enerxías renovábeis, é dicir, proxectos a longo prazo sometidos a diferentes situacións.
  • As condicións meteorolóxicas varían cada ano e terán a súa influencia sobre a produción.
  • Segundo que proxectos, os trámites administrativos poden atrasar a posta en marcha.
  • Se parte de la base de la inexistencia de primas para la venta de energía renovábel.
  • Pártese da base da inexistencia de primas para a venda de enerxía renovábel.
  • El dinero invertido no está cubierto por el Fondo de Garantía Bancario gestionado por el Banco de España.
  • Os cartos investidos non están cubertos polo Fondo de Garantía Bancario xestionado polo Banco de España
  • Som Energia, como calquera outra empresa, podería chegar a entrar en suspensión de pagamento. Nesta situación, a orde de pagamento dos cartos pendentes sería: primeiro as débedas coa Administración, traballadores/as, despois os empréstitos e créditos, logo os títulos participativos, o capital social voluntario e, finalmente, o capital social obrigatorio.
Visitala web Generationkwh.org

Still need help? Contactar Contactar