Que acontece se emprego menos electricidade da prevista? Poderei recuperar o investimento?

O contrato que subscribimos coa cooperativa contempla diferentes situacións que se poden dar neste senso. Por exemplo:

  • Se nun mes concreto non usamos toda a electricidade Generation kWh á que temos dereito, esta acumúlase para os seguintes meses. É importante saber que o balance farase anualmente, é dicir, non se poderá acumular dun ano cara outro.
  • No caso de que nun ano concreto acabemos usando menos electricidade da prevista, perderemos a oportunidade de gozar desta electricidade a prezo de custo (tarifa Generation kWh). Este feito non afecta en absoluto na recuperación íntegra dos cartos aportados.
Cada doce meses, recibiremos un informe deste balance enerxético e poderemos decidir que facer: manter as accións enerxéticas que temos, adquirir máis, ceder ou devolver unha parte.

Hai que ter presente que a persoa socia poderá ceder o dereito a favor doutro socio/a e este último deberá pagar a cantidade que ámbalas partes conveñan.

No caso de querer recuperar o investimento, o contrato quedará cancelado e o importe pendente de amortizar terá que ser devolto por Som Energia. Pero haberá un máximo anual (5% do importe global pendente de amortizar). No suposto de superarse este límite, Som Energia poderá aprazar até a seguinte anualidade a devolución daqueles empréstitos que superen o límite sinalado. Esta cancelación anticipada do contrato comporta gastos de xestión de como máximo un 4% do importe do empréstito pendente de amortizar no momento da devolución.

Visitala web Generationkwh.org

Still need help? Contactar Contactar