Generation kWh: hai unha cantidade mínima ou máxima para achegar?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Para participar no Generation kWh, o importe mínimo para achegar en préstamo é de 100 euros. Non hai unha cantidade máxima para prestar, mais é recomendábel que non exceda o equivalente á electricidade que se utiliza anualmente.

A ter en conta:

  • Se credes que reduciredes o voso uso total durante os próximos anos (medidas de eficiencia, incorporación de autoprodución na casa, etc.) é recomendable marcarvos un límite, e achegar o equivalente do 70 % da electricidade que esteades a utilizar actualmente, por exemplo.
  • Podedes superar o 100 % do voso uso anual. Neste caso, coa enerxía que vos correspondería a prezo Generation kWh e que non precisastes durante todo o ano en curso, tedes dúas opcións: 
    • Asignar a outro contrato de electricidade (o que escollades) o dereito a utilizar a enerxía que vos corresponde á tarifa Generation kWh e que non utilizastes.
    • Non facer nada, e valorar o feito de que a vosa achega axudou a construír máis plantas fotovoltaicas. Isto non quere dicir que esteades a perder diñeiro, sinxelamente que non aproveitades un prezo especial (o da tarifa Generation kWh), xa que non precisades comprar e utilizar esa enerxía de mais.

En todos os casos, pasados 25 anos terásevos devolto o diñeiro prestado. Por outra banda, sempre existe a posibilidade de solicitar a devolución anticipada do préstamo, tal e como establece o contrato.

Préstamo a longo prazo:
Trátase dun préstamo a longo prazo, que non ten ningunha rendibilidade asociada. Polo tanto, é recomendábel achegar só o diñeiro que no se teña previsto precisar. 

Participar no Generation kWh significa contribuír á transformación do modelo enerxético e ao aumento da produción de enerxía a partir de fontes renovábeis.

Ir ao web Generationkwh.org.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar