A doazón voluntaria de 0,01€/kWh

Segundo a vontade expresada pola Asemblea Xeral de socios, é posíbel facer un aporte extra para axudar ao desenvolvemento da cooperativa.

Esta achega voluntaria inclúese na factura da luz e consiste en doar á cooperativa 0,01 € por kWh consumido. Isto representa para un consumo medio dunha familia (aproximadamente 300 kWh / mes) un incremento na factura de 3 € mensuais.

Estes cartos úsanse para aspectos da actividade da cooperativa, máis aló da comercialización de electricidade, que responden a un dos obxectivos prioritarios de Som Energia: a participación por parte dos socios á constante definición da cooperativa.

Durante este tempo, principalmente, empregáronse para:

  • Destinar recursos ás actividades realizadas polos grupos locais da cooperativa. Todos eles (preto de 50) dispoñen de 300 € anuais para os gastos que teñen de difusión, asembleas, reunións, etc. Gastos xestionados de xeito autónomo por cada grupo.
  • A organización do encontro anual dos grupos locais como espazo onde intercambiar experiencias, debater novos retos da cooperativa, etc. As reunións desenvolvéronse en diferentes cidades e dende a cooperativa asúmese o desprazamento e aloxamento dun membro de cada grupo local.
  • Becas para os socios e socias da cooperativa que non poden asumir o custo pero teñen interese por asistir á Escola de Setembro de Som Enerxía que organiza anualmente
  • Participación en actividades políticas a nivel nacional e internacional (REScoop.EU, Px1NME, Coopernic, FESC, FIME, etc.).
Aunque, tenemos otras actuaciones previstas que podrían impulsarse gracias a este donativo, si se acaban realizando, como pueden ser: acciones para atenuar la pobreza energética, compra de derechos de proyectos renovables de futuro o cualquier otra acción encaminada a cambio de modelo energético.

Aínda que temos outras actuacións previstas que poderían impulsarse grazas a este donativo, se finalmente se levan a cabo, como poden ser: accións para atenuar a pobreza enerxética, compra de dereitos de proxectos renovábeis de futuro ou calquera outra acción encamiñada cara unha mudanza de modelo enerxético.

Nas contas anuais detállase o total destinado cada ano aos grupos locais.
Durante o ano 2014 recibíronse 79.423,36 € e na actualidade preto dun 19,5% dos contratos aportan este donativo a Som Energia.

Still need help? Contactar Contactar