Sistema de estimación de uso da electricidade en Som Energia

Para realizar a  facturación mensualdecisión tomada na Asemblea Xeral de Socios/as de 2014, é preciso (no caso de que non exista lectura facilitada pola distribuidora) facer unha lectura estimada e así poder emitir a factura daquel mes.

Farémolo calculando un consumo diario baseado no histórico de consumos que temos na nosa base de datos e utilizarase para engadir “consumo” á última lectura de distribuidora que teñamos.

A FÓRMULA

Faremos a estimada calculando un consumo diario, baseado no histórico de consumo que temos na nosa base de datos e que multiplicado polo número de días, obteremos o uso da electricidade no período.

Este dato, sumarémolo á última lectura facturada para determinar a nova lectura de facturación.

[Lectura Estimada (kWh)] = [Lectura Inicial (kWh)]+ nº de días x [Consumo_Diario]

  • Lectura inicial: última lectura recibida (lecturas distribuidoras, lectura anterior facturada, autolecturas, etc.)
  • Número de días: (Data lectura estimada) – (Data da lectura inicial)
  • Consumo diario:  cóllense as lecturas facturadas anteriores á última lectura (até un máximo de 14 meses).

CANDO ESTIMAREMOS?

Non sempre fará falla facer unha estimada.

Só estimaremos cando pasaran 35 días e non exista ningunha  lectura de distribuidora na marxe de 25 a 35 días dende a última lectura facturada.

Esta marxe de días  permítenos agardar a chegada de lecturas da distribuidora e tamén permite unha aproximación progresiva da data de facturación á data de lectura recibida.

EXCEPCIÓNS

Haberá algúns contratos que non poderán incorporarse neste novo sistema de facturación:

  • Aqueles que teñen maxímetro: por esta razón non se pode estimar ningún contrato con tarifa 3.0. Aínda que deste tipo de contratos xa recibimos datos mensuais.
  • Contratos que se dean de baixa: solicitarase unha lectura real para pechar o contrato.

Still need help? Contactar Contactar