Calcular o custo da factura

Poderás topar todos estes conceptos desglosados, na segunda páxina da factura de Som energia, no apartado "Detalle da Factura".

Custo por potencia contratada:

Para calcular canto pagarás segundo a potencia que contrataches debes multiplicar os kW de potencia que tes contratados (exemplo: 3,75 kW) polo prezo kW/día e á vez, multiplicado polos días de facturación. 

Este total representa íntegramente o prezo da  peaxe de acceso á rede, que determina o Goberno, posto que a cooperativa non aplica ningunha marxe sobre o prezo regulado.

Custo por electricidade empregada:

Para saber canto pagarás en función da enerxía que utilizaches, debes multiplicar os kWh totais polo prezo do kWh que establece a cooperativa ( Tarifas de Som Energia ).

O total resultante por este concepto tamén inclúe o prezo da peaxe de acceso, que determina o Goberno, e que pagas a través da nosa factura á empresa distribuidora da túa zona.

Outros conceptos:

En la factura también verás reflejados otros conceptos que debes sumar al coste total:

  • Aluguer de equipos: trátase do aluguer de contadores que pagas á distribuidora a través da nosa factura.
  • Imposto de electricidade: é un imposto regulado polo goberno (a este imposto aplícaselle tamén o IVE).
  • IVE, actualmente del 21%.
  •  Outros conceptos que poden aparecer: 
    • Dereitos de acceso, de extensión, enganche: Só no caso de modificacións contractuais, altas de subministración e modificacións da acometida a criterio da distribuidora. 
    • Penalización por reactiva: só nos contratos de máis de 15kW de potencia contratada (tarifa de acceso 3.0A).
    • Doazón voluntaria a Som Energiaachega voluntaria dun céntimo por cada kWh que usas para o desenvolvemento da cooperativa.

Still need help? Contactar Contactar