A factura coa tarifa 3.0A

As facturas na tarifa 3.0A teñen características concretas que hai que ter en conta para entender a factura: 

- Neste termo engadimos a marxe comercial precisa para desenrolar a actividade da cooperativa. 

  • O termo de potencia. A potencia facturada calcúlase partindo da potencia contratada e da realmente empregada, segundo teña rexistrado o maxímetro: 
    • Se empregas menos do 85% da potencia contratada, a potencia a facturar será o 85% da potencia contratada. 
    • Empregando entre o 85% e o 105% da potencia contratada, a potencia facturada será igual á potencia usada. 
    • Se se emprega máis do 105% da potencia contratada xurden penalizacións. Factúrase o 105% da potencia contratada ao prezo normal e ademáis, as penalizacións: o dobre da diferenza entre o valor rexistrado e o 105% da potencia contratada.

- Sobre este termo a cooperativa non aplica ningunha marxe. O importe completo facturado é unicamente o que acorda o Estado. 

  • Penalizacións de enerxía reactivaNo concepto de enerxía reactiva non se cobra directamente a cantidade medida (kVArh).  Aplícase unha penalización cando a enerxía reactiva supera nun 33% á enerxía activa usada nese mesmo período. 

- Neste termo tampouco hai marxe para Som Energia, todo corresponde ao importe regulado polo Estado. 

  • Outros conceptos: Na factura tamén verás reflectidos outros conceptos que hai que sumar para obter o custo total: 
    • Alugueiro de equipos: trátase do alugueiro dos contadores que pagas á distribuidora a través da nosa factura. 
    • Imposto de electricidade: é o imposto regulado polo goberno (a este imposto aplícaselle tamén o IVE) 
    • IVE, actualmente do 21% 
    • Doazón voluntaria: Este concepto está exento de IVE. Máis información.  
    • Outros conceptos que poden aparecer (se tes luz por primeira vez, fixeches unha modificación contractual): dereitos de acceso, de extensión, enganche, penalización por reactiva, etc 

A continuación  ofrecémosvos as cuestións relacionadas que ampliarán a información a cada un dos puntos.

Still need help? Contactar Contactar