Calcular o custo da factura

Poderás atopar todos estes conceptos desglosados, na segunda páxina da factura de Som Energia, no apartado "Detalle da Factura".
Custo por potencia contratada:

Para calcular canto pagarás segundo a potencia que contrataches debes multiplicar os kW de potencia que tes contratados (exemplo: 3,75 kW) polo prezo kW/día e ao tempo, multiplicado polos días de facturación. 

Este total representa enteiramente o prezo da peaxe de acceso á rede, que determina o Goberno, xa que a cooperativa non aplica ningunha marxe sobre o prezo regulado.

Custo por electricidade empregada:

Para saber canto pagarás en función da enerxía que empregaches, debes multiplicar os kWh totais polo prezo do kWh que establece a cooperativa (  tarifas de Som Energia ).

O total resultante por este concepto tamén inclúe o prezo da  peaxe de acceso, que determina o Goberno, e que pagas a través da nosa factura á empresa distribuidora da túa zona.

O Bono Social:

Seguindo a nova  normativa do Goberno, Som Energia comezou a contribuír ao financiamiento do Bono Social a partir de decembro do 2016. Grazas ao superávit dos últimos meses do 2016, este novo imposto non foi aplicado na factura da luz da cooperativa ata o 1 de xullo do 2017.

O custo de financiamento do Bono Social supón un importe aproximado de 0,025 €/día (0,75 €/mes) por cada contrato de luz.

Para máis información podedes consultar o artigo do blog nesta ligazón:  O Bono Social nas facturas de Som Energia.

Outros conceptos: 

Na factura tamén verás reflectidos outros conceptos que debes sumar ao custo total:

  • Aluguer de equipos: trátase do aluguer de contadores que pagas á distribuidora a través da nosa factura.
  • Imposto de electricidade: é un imposto regulado polo goberno (a este imposto aplícaselle tamén o IVE)
  • IVE, na actualidade do 21%
  •  Outros conceptos que poden aparecer: 
    • Dereitos de acceso, de extensión, enganche: só no caso de modificacións contractuais, altas de subministración e modificacións da acometida a criterio da distribuidora. 
    • Penalización por reactiva: só en contratos de máis de 15kW de potencia contratada (tarifa de acceso 3.0A)
    • Doazón voluntaria a Som Energía: achega voluntaria dun céntimo por cada kWh que empregas para o desenvolvemento da cooperativa.

Still need help? Contactar Contactar