Custo da potencia na tarifa 3.0A

O custo da potencia é a suma de multiplicar a potencia facturada de cada un dos tres períodos polo seu respectivo prezo.* 

A potencia facturada de cada período depende da potencia contratada e a potencia empregada rexistrada polo maxímetro.

*A tarifa 3.0A tiene tres períodos de facturación tanto para a potencia, como para a enerxía con diferentes prezos segundo a franxa horaria.  Que horario teñen os períodos da tarifa 3.0A?

Podedes consultar os prezos por potencia contratada e enerxía de cada un dos tres períodos no  apartado de tarifas da web da cooperativa. 

En contratos con tarifa 3.0A, grazas á información do maxímetro, podemos realizar estudos de axuste da potencia contratada. En Som Energia ofrecemos de balde a realización dun estudo destas características. Se estás interesado soamente é preciso encher o formulario que atoparás na seguinte ligazón:  Formulario de solicitude para estudos de optimización da potencia contratada.

Still need help? Contactar Contactar