Enerxía reactiva; que é, efectos na factura e como eliminala

A enerxía reactiva aparece nas instalacións eléctricas cando se empregan aparellos que precisan crear campos magnéticos e eléctricos para o seu funcionamento. É dicir, aparellos que dispoñen de bobinas e condensadores. Por exemplo, os motores dos frigoríficos e conxeladores, os fluorescentes, os transformadores, entre outros.

Esta enerxía é molesta para a distribución, xa que incrementa as perdas nas redes eléctricas. Por causa disto, creáronse recargos para os excesos de consumo deste tipo de enerxía.

A enerxía reactiva tamén provoca unha baixada de potencia na túa instalación, obrigando a ter unha potencia contratada maior.

As penalizacions por enerxía reactiva:

O consumo excesivo de enerxía reactiva penalizase cunhas recargas. Estas aplicaranse nos períodos P1 e P2. O P3 queda ausente de penalizacions por reactiva.

  • Se o consumo da nosa enerxía reactiva é inferior ao 33% da enerxía activa consumida, non haberá penalización. Este 33% nunca se paga. Págase cada kVArh de máis, se superamos este 33%.
  • Se o consumo da nosa enerxía reactiva é superior ao 33% da enerxía activa consumida, pagaremos 4,1554 ct por kVArh de máis
  • Se o consumo da nosa enerxía reactiva é superior ao 75% da enerxía activa consumida, pagaremos 6,2332 ct por kVArh de máis

Referencia:  BOE -A-2009-21173

Como eliminar o custo por enerxía reactiva:

A opción máis habitual é compensar a enerxía reactiva instalando unha batería de condensadores. Nestes casos aconsellamos contactar cun técnico ou empresa especializada que nos proporá solucións para baixar a enerxía reactiva. É importante pedir diferentes orzamentos e ter claro o tempo en que se recuperará o investimento. Habitualmente o período de retorno é baixo, así que paga a pena estudar o caso.

Still need help? Contactar Contactar