A tarifa con Discriminación Horaria (DH)

Cando contratamos o servizo de electricidade, a tarifa de acceso á que podemos optar vénnos determinada pola potencia contratada: as tarifas 2.0 ( <10kW de potencia), as 2.1 (entre 10 e 15 kW) e a 3.0 (> 15kW, en baixa tensión).

Dentro das tarifas 2.0 e 2.1 pódese escoller entre un prezo da electricidade igual para tódalas horas do día ou ben, un prezo que varía segundo uns tramos horarios establecidos, o que se coñece como tarifas con Discriminación horaria (DH).

NOTA: Antes esta tarifa coñecíase como tarifa nocturna. Pero na actualidade, o tramo horario máis económico (período Val) xa non é só durante a noite se non que inclúe horas da mañá. Resultan deste ao redor de 14 horas vale!

Os horarios da tarifa con Discriminación Horaria

¿Cando sae a conta contratar a tarifa con discriminación horaria?

Canto máis uso de electricidade facemos durante as horas val (as que teñen un prezo máis económico para a enerxía), máis a conta nos resultará contratar a tarifa con discriminación horaria.

O prezo nas horas val, é case a metade que o prezo "normal" pero o prezo en horas punta, é só un pouco máis caro que o prezo normal

Se comparamos o prezo da tarifa 2.0A "normal" co prezo da 2.0DHA, vemos que no periodo punta pagamos un 13,67% máis, pero no periodo val, aforrámonos un 43,17% no prezo. Para a 2.1DHA esta relación é Punta, 12,41% máis caro, Val 42,48% máis económico.

Táboa de aforros segundo % de uso nas horas val e segundo os prezos e horarios 

Polo tanto, se analizamos os nosos hábitos de uso de electricidade é posíbel que nos paga a pena ter discriminación horaria. Normalmente, se temos aínda que sexa un 25% do uso nas horas val xa nos interesa esta tarifa.

E isto non é difícil de lograr xa que temos elementos que funcionan durante todo o día e deste xeito, tamén durante as horas val. Por exemplo, a neveira, que resulta ser o electrodoméstico que máis electricidade usa ao cabo do ano. Polo tanto, fácilmente podemos pensar que se temos un pouco de actividade durante as horas da mañá ou pasadas as 11h da noite (pomos algunha lavadora, empregamos o ordenador, etc.), conviranos a DH.

Pola contra, se temos cociña eléctrica, por exemplo, non resultará doado escapar de empregala durante as horas punta (coincidindo coas horas de maior actividade na casa, entre o xantar e a cea), terase que mirar ben porque se cadra é mellor manter a tarifa "normal".

Artigos que nos poden axudar:

https://blog.somenergia.coop/tarifas-electricidad-y-sector-electrico/2016/01/quieres-ahorrar-en-tu-factura-de-la-luz/

http://solartradex.com/blog/como-ahorrar-en-la-factura-de-la-luz-ahora/

http://solartradex.com/blog/ahorrar-en-la-factura-de-la-luz-es-muy-simple-pasalo/?/ahorrar-en-la-factura-de-la-luz-es-muy-simple-pasalo/

Still need help? Contactar Contactar