Consultar tódalas facturas

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Envío de facturas

Desde Som Energia enviamos todas as facturas por correo electrónico en formato PDF, a medida que se van creando.

Para recibilas, é importante verificar que o correo electrónico asociado á póliza sexa efectivamente o que toca. Se precisas cambiar o correo electrónico para as notificacións de Som Energia, podes consultar este artigo, que explica como facelo.

Ademais, en calquera momento podes consultar as facturas na Oficina Virtual de Som Energia, sempre que sexas a persoa titular.

Consulta na Oficina Virtual

Nesta sección poderás ver todas as facturas emitidas ao teu nome, co número de factura, tipo de factura, período facturado, data de emisión da factura, importe, contrato ao que fai referencia e se foi cobrada ou non. Tamén poderás pagar as facturas que consten como impagadas.

O número de factura ou código asociado a esta ten relación co tipo de factura emitida.

Estas poden dividirse dividir en tres tipoloxías:

●   FEXXXXXXXXXX: Corresponde a unha factura ordinaria.

●   ABXXXXXXXXXX: Corresponde a unha factura aboadora. Ou sexa, unha factura de importe negativo que anula unha factura ordinaria. Normalmente, emitimos este tipo de facturas porque a empresa distribuidora nos rectificou as lecturas despois de emitir a factura ordinaria.

●   REXXXXXXXXXX: Corresponde a unha factura rectificadora. Ou sexa, unha factura polo mesmo período que unha factura ordinaria que foi aboada previamente, e que corrixe.

Período facturado e data de facturación

Seguidamente, podes ver o período facturado, que corresponde aos días de consumo. E tamén a data na que se emitiu a factura. Esta sempre é posterior ao período facturado, xa que pasan uns días entre que a distribuidora recolle os datos do contador e nolos facilita para poder facturar.

Tes que ter en conta que, de forma xeral, desde o momento en que che enviamos a factura, deixamos pasar 7 días antes de cobrala, a fin de que poidas revisala.

Descargar facturas

No mesmo espazo da Oficina Virtual, facendo clic na icona da impresora, poderás descargar e visualizar a factura en formato PDF. 

Algúns consellos de utilidade

Para que sexa máis fácil comparar, ordenar e visualizar as facturas poden serche útiles os seguintes consellos:

●   Pulsando sobre os títulos do menú, ordenarás as facturas. Por exemplo, facendo clic sobre importe unha vez, ordenaranse as facturas de importe menor a maior. Se fas clic dúas veces, ordenaranse as facturas do importe máis elevado a máis baixo.

●   Escribindo o número de contrato, ou unha parte, visualizarás só as facturas do contrato desexado.

●   Escribindo o número de factura, ou unha parte, visualizarás só a factura desexada.

Para volver á vista normal, bastará con pulsar a cruz do menú.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar