Como contrato a luz se estou de alugeiro?

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Se resides nunha vivenda alugada, tamén podes contratar a luz con Som Energia. Para iso, só precisarás encher o formulario de contratación. Como persoa usuaria, tes dereito a contratar a subministración eléctrica ao teu nome e coa compañía que escollas.

Se o contrato xa está a nome doutra persoa, deberás solicitar o cambio de titularidade. Para iso, simplemente é preciso encher este formulario de cambio de titular. Unha vez cuberto, enviaremos un correo electrónico ao enderezo do actual titular e outro ao enderezo da nova persoa titular. Esta deberá confirmar o cambio respondendo este correo electrónico.

Estes trámites son gratuítos na inmensa maioría dos casos.

En Som Energia recomendamos que a persoa usuaria da electricidade sexa a titular do contrato, por varios motivos: 

  • 1. Por adecuación á lei.

Segundo o Real Decreto 1955/2000 de subministracións eléctricas, o contrato de subministración é persoal e debe estar vinculado á persoa que efectivamente está utilizando a enerxía naquel punto de subministración.

  • 2. Para garantir os dereitos, tanto da persoa arrendataria como da propietaria.

A confidencialidade da información das facturas ou a decisión sobre que potencia e tarifa contratar é un dereito da persoa usuaria. De acordo coas normativas de protección de datos, o acceso a esa información por parte dunha terceira persoa sen o consentimento explícito da persoa usuaria supón unha vulneración do dereito á intimidade.

Por outra banda, a responsabilidade legal de cada contrato recae na persoa titular. Por conseguinte, en caso de impagamento de facturas, será a persoa titular quen deba asumir as débedas xeradas, aínda que sexa outra persoa quen realmente teña utilizado aquela electricidade.

  • 3. Para axilizar as comunicacións e as xestións.

Se xorden problemas ou modificacións, preferimos dialogar directamente coa persoa usuaria daquela subministración. O feito de que haxa figuras intermediarias xera lentitude e dificultades innecesarias.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar