Actualmente non teño luz contratada. Como solicitar un novo punto de subministración.

Se na actualidade non tes luz ou non dispós de contrato de electricidade vixente na túa nova vivenda ou local, haberá que tramitar unha nova alta de subministración. Aquí che explicámos como facelo; basicamente dependerá de se xa coñeces o número CUPS (Código Universal de Punto de Subministración) que facilita a distribuidora da túa zona.

Como solicitar unha alta de suministración:

Se xa tes o CUPS:

Únicamente deberás encher o formulario de  "Contratar a Luz"  e escoller a opción correspondente para tramitar unha nova alta (Non teño luz actualmente). Neste caso o máis probábel é que a distribuidora solicite o certificado ou o boletín eléctrico da instalación. Se xa o tes engádeo como arquivo adxunto ao encher o formulario.

Se non tes o CUPS:

Precisarase a obtención deste código CUPS contactando  coa distribuidora da túa zona, quen che indicarán os pasos a seguir para obtelo e deste xeito poder encher o formulario.

Se é a primera vez que hai luz:

Neste caso, primeiro débese tramitar o chamado expediente de acometida coa distribuidora directamente para obter o CUPS. Ao final deste artigo hai máis información de como tramitar este expediente.

Costes para tramitar a alta:

Detallámosche os conceptos que cobra a distribuidora para dar de alta un punto de subministración. Estes custos páganse a través da factura da comercializadora:

  • Para a alta dun novo punto de subministración que nunca tivera luz ou que fai máis de tres anos que a subministración eléctrica está de baixa, pagaranse os seguintes conceptos (sen IVE):

-Dereitos de acceso: 19,70 €/kW

-Dereitos de extensión: 17,37  €/kW

-Dereitos de conexión: 9,04 €

-Depósito de garantía: fixo, depende de cada caso

  • Se fai menos de tres anos que había luz, terás que pagar os seguintes conceptos:

- Dereitos de acceso: 19,70  €/kW

- Dereitos de conexión: 9,04 €

- Depósito de garantía: fixo, depende de cada caso

Documentación que se precisa:

Durante o proceso de alta para unha nova sobministración poderíase precisar a presentación do  Certificado ou Boletín Eléctrico da Instalación, uns documentos que certifican que a instalación cumpre coa normativa vixente en materia de seguridade.

Estes documentos emíteos un técnico electricista autorizado e é preciso que leven o selo de Industria ou, na súa falta, ir xunto á declaración responsábel.

Se xa ten a documentación, pódenola facer chegar no momento de completar o formulario de contratación, como arquivo adxunto.

Como tramitar o expediente de acometida:

As grandes distribuidoras teñen estas webs para tramitar o expediente de acometida necesario para un punto onde nunca houbera luz:

A continuación podes ver o mapa de localización das grandes distribuidoras neste artigo, pero existen zonas con distribuidoras pequenas e locais.

Still need help? Contactar Contactar