Tarifas que ofrece a cooperativa

[També en: català] [También en: castellano] [Euskaraz ere eskuragarri]

Actualmente, en Som Energia ofrecemos o servizo de comercialización 100 % renovábel para todo tipo de contratos: desde o ámbito doméstico, tamén para comunidades veciñais, até o ámbito de empresa ou industria, alta tensión e puntos especiais de carga de vehículos eléctricos de acceso público.

Segundo a normativa estatal, en función da potencia contratada e da tensión (baixa ou alta tensión), os conceptos de pagamento para consumir electricidade (peaxes, cargos…) teñen uns importes ou outros. Desde Som Energia reproducimos este esquema nos nosos prezos, polo tanto, segundo a potencia e a tensión corresponderán unhas tarifas ou outras.

Estas son, daquela, as tarifas que ofrecemos, en función das características de cada punto de subministración.

Tipo de usuarias Potencia Tensión Tarifas dispoñíbeis

A maioría de domésticos, e algunhas pequenas empresas, despachos, oficinas, etc.

até 15 kW

baixa tensión

2.0TD períodos

2.0TD indexada

Para pequenas empresas, industrias, despachos, oficinas, etc.

máis de 15 kW. Obriga de contratar potencias crecentes

baixa tensión

3.0TD períodos

3.0TD indexada

Polígonos industriais, sistemas de rega, explotacións agrícolas e zonas rurais.

Pódese contratar calquera potencia mentres cumpra o criterio das potencias crecentes

Tensión de acceso entre 1 kV e 30 kV

6.1TD períodos

6.1TD indexada

Tensión de acceso entre 1 kV e 72,5 kV

6.2TD períodos

6.2TD indexada

tensión de acceso entre 72,5 kV e 145 kV

6.3TD períodos

6.3TD indexada

tensión de acceso superior a 145 kV

6.4TD períodos

6.4 TD indexada

Unicamente para recarga de vehículo eléctrico e que sexan de acceso público.

máis de 15 kW

baixa tensión

3.0TDVE períodos

3.0TDVE indexada

Sen limitación de potencia para contratar

Tensión de acceso entre 1 kV e 36 kV

6.1TDVE períodos

6.1TDVE indexada

Os prezos de todas estas tarifas atoparalos nasección de tarifas da web de Som Energia. Tamén poderás ver o prezo de compensación de excedentes que se aplica se dispós dunha instalación fotovoltaica e se o contrato está acollido á modalidade de autoprodución correspondente.

Como podes ver, para cada tipo de contrato hai dous tipos de tarifa: tarifa por períodos e tarifa indexada, a continuación tes un pequeno resumo:

As tarifas por períodos están calculadas segundo o prezo de adquisición da enerxía en mercados de futuros. Os prezos sábense un mes antes de comezar a aplicarse, e mantéñense ata o seguinte cambio de prezos (a non ser que se aprobe unha nova regulación que modifique algúns conceptos). As variacións de prezo da enerxía no mercado diario (á alza ou á baixa) non se trasladan ás persoas e empresas consumidoras.

As tarifas indexadas, en cambio, calcúlanse en función do prezo da enerxía no mercado diario, que non se sabe con antelación; polo tanto, tampouco se poden saber as tarifas. Se o prezo da enerxía no mercado diario cambia (á alza ou á baixa), esta variación trasládase directamente á persoa usuaria. Hai un prezo para cada día e cada hora.

No Centro de Axuda temos outro artigo cunha comparación detallada dos dous tipos de tarifas.

Se representas a unha comunidade veciñal, podes atopar máis información de como contratar a electricidade con Som Energia consultando este artigo. Tamén pode ser útil revisar a información que aparece nestoutro artigo: Que hai que ter en conta á hora de contratar a luz para unha comunidade veciñal?

O mercado maiorista de enerxía na Península é OMIE, e en Baleares e Canarias é REE. Por iso, o prezo maiorista da enerxía é diferente, polo tanto, as tarifas indexadas son diferentes en función de se o punto de subministración se atopa na Península, ou nas Baleares ou Canarias.

Foiche útil este artigo? Grazas pola túa valoración Produciuse un problema ao enviar os teus comentarios. Por favor inténtao de novo máis tarde.

Aínda necesitas axuda? Contactar Contactar