Mudar o correo electrónico onde recibir as notificacions

Podes actualizar o teu correo electrónico na  Oficina Virtual de Som Energia. Estableceuse un procedemento que nos garante que o cambio o pide o/a socio/a ou cliente/a.

Cando solicites mudar o correo electrónico de contacto, recibirás en poucos minutos un mail de confirmación no teu correo electrónico. Deberás premer sobre o enlace que recibas e que che conducirá á Oficina Virtual para que o cambio solicitado se faga efectivo.

Se non completas este proceso de validación os cambios non se fan efectivos. A solicitude ten unha validez de 48 horas e pasado este tempo, débese volver a iniciar o proceso.

Still need help? Contactar Contactar