Estructura da información na Oficina Virtual

  • No apartado CONTRATOS atoparás:

1. Unha primeira listaxe dos contratos dos que es titular e/ou pagador/a.

Podes consultar a información específica destes contratos e modificar algúns datos concretos, como son a conta bancaria de cobro e a doazón voluntaria (se es pagador/a).

2. Tamén verás unha segunda listaxe dos contratos vinculados ao teu número de socio/a máis dos que non es a persoa titular nin pagadora. Trátase dunha listaxe informativa que soamente permite ver os datos que se amosan.

  • No apartado FACTURAS verás unha listaxe das facturas que se emitiron e das que es a persoa pagadora. Dende aquí poderás acceder á factura para vela con máis detalle, descargala ou imprimila, se queres.
  • E no apartado DATOS PERSOAIS atoparás dous apartados diferenciados:

1. Un cos teus datos persoais (nome e DNI) que non se poden modificar, así coma o teu número de socio/a de Som Energia.

Aquí tamén se amosa o correo electrónico de contacto coa cooperativa, que podes mudar utilizando a opción “ Mudar correo electrónico”. Tamén podes mudar o contrasinal para acceder á oficina virtual.

2. O outro apartado é de datos de contacto e son datos que podes modificar sinxelamente e que completan a túa ficha de socio/a ou cliente/a de Som Energia.

Still need help? Contactar Contactar