Investir na cooperativa

O obxectivo final de Som Energia é cubrir o 100% da demanda de enerxía eléctrica dos socios e socias con plantas de produción renovábel propiedade da cooperativa. Para conseguir o financiamento necesario para impulsar estes proxectos, a cooperativa ofrece aos seus socios e socias a posibilidade de investir capital na produción renovábel de enerxía cun retorno anual con xuros.

Dende marzo de 2013 até a actualidade, a posibilidade de inversión permaneceu pechada debido ao paro ás renovables que impuxo o Goberno.

Actualmente a cooperativa atopou novos proxectos viábeis e isto permitiu volver a investir en renovábeis con Som Energia a través de dúas modalidades:

GenerationkWh. Investimento de autoprodución compartida, onde se garante o retorno do diñeiro e o acceso á electricidade producida a prezo de custo. Aberta a investimentos continuamente. is información.

Achegas ao capital social da cooperativa, inversión cun interese anual (do 1,75% para o 2017 para proxectos que poden ofrecer un retorno económico ao investimento. Aberta até alcanzar a cantidade de 800.000 € que agora necesitamos. Máis información.

Tratamento fiscal da achega ao capital social voluntario

A efectos da declaración da renda (IRPF) os xuros abonados teñen a consideración de rendementos do capital mobiliario. A cooperativa fai chegar á persoa socia unha certificación na que se detallan os xuros aboados e a retención practicada, para poder realizar correctamente a declaración da Renda. Os xuros están suxeitos á retención vixente do IRPF.

Como e cando se reciben os xuros?

O pagamento dos xuros farase anualmente a finais do mes de xaneiro (para as achegas ao capital social) ou no mes de xullo (no caso dos títulos participativos), mediante transferencia bancaria á conta que se indique.

Que importe se pode investir?

No caso de achega voluntaria ao capital social o importe mínimo son 100 € e o máximo de 25.000€ (sempre múltiplos de 100).

Que xuro se percibe?

Cada ano a Asemblea Xeral de socios e socias fixa a porcentaxe de remuneración anual en función do rendemento dos proxectos e o retorno económico. O obxectivo é conseguir un retorno atractivo para socios e socias inversoras e ao mesmo tempo viable para a cooperativa.

Este ano 2017, o xuro é do 1.75% nominal anual.

Nos anos 2013-2016 foi do 3% e para o ano 2012 foi do 3,5%.

Como retirar a achega voluntaria?

O teu investimento está dispoñíbel en calquera intre, previo aviso de tres meses de antelación, ao correo invertir@somenergia.coop.

No caso das achegas voluntarias ao capital social non hai ningún tipo de penalización.

Still need help? Contactar Contactar